8M: folga xeral feminista

"O obxectivo é retomar as asembleas na Xunta"

Esta é a proposta que a sección de CNT na Xunta de Galicia presentou onte na reunión convocada en San Caetano: artellar a protesta desde a base facendo asembleas de traballadores/as e actos reivindicativos de maneira regular como defensa ante os recortes laborais e sociais presentes e futuros.

Eis un resumo desta reunión, ou primeiro "café combativo": 
O acto arrancou ás 11:35h de mans de Pablo Paz, delegado da sección, que comezou agradecendo a asistencia dos presentes (unha treintena) e presentando brevemente a sección de CNT na Xunta e o seu modo de funcionamento horizontal co que xa levamos traballando desde fai anos centrados na Consellería de Educación, e que agora amplia o seu campo de actuación polo crecemento da afiliación na Xunta. 
A continuación, pasouse a falar dos recortes, os que xa se fixeron e xa nos afectaron como o retraso na idade de xubilación, a redución salarial,... dos que estamos vendo noutros paises "intervidos" da zona euro e, por suposto, dos que "se esperan": máis redución salarial, aumento de horas de traballo, aumento xeralizado de prezos, reformas laborais, trocos nas políticas sanitarias e educativas, nova reforma laboral, "mini-jobs"... todo seguindo os dictámenes e políticas neoliberais do BCE-FMI que non teñen outro obxectivo que PRIVATIZAR, canto máis millor. Así, se propicia o lucrativo negocio da contratación de empresas que substitúen servizos e empregados públicos a un custo bastante máis elevado, porque sempre PRIVATIZAR É MÁIS CARO e significa una precarización evidente do traballo, como vemos diariamente nas subcontratas da Xunta. Todo isto, acompañado das clásicas mentiras verquidas polos medios de comunicación e do seu linchamento mediatico, sobre todo dos empregados/as públicos.
Así, pídennos a tod@s outro novo esforzo, disque non hai cartos!! Pero todos sabemos que si hai cartos para algunhas cousas: para subvencións (partidos políticos, sindicatos, medios de comunicación, colexios profesionais, etc etc), para pagar astronómicas indemnizacións de banqueiros (como as da nova caixa-banco Galicia, CAM,...) ou para que, directamente, nolos rouben políticos corruptos e empresarios corruptores (igape, campeón, Urdangarín, gürtel,...).
Ante esta situación, pensamos que xa hai moitos motivos para protestar: 
porque nos afecta directamente a nos e aos nosos, que vexan que non os cremos!!
porque aínda é legal protestar e podemos saír á rúa con certa normalidade
porque somos persoas solidarias e temos unha responsabilidade por ser, ata o de agora, os traballadores con millores condicións para protestar e reclamar
porque somos nos os que vemos as "políticas" de primeira man... 
e porque hai esperanzas, xa que xuntos somos moitos e podemos conseguir un futuro digno ou, polo menos, un futuro menos malo... moitas veces, son os pequenos xestos os que logran grandes cousas e sempre, os traballadores e traballadoras, temos máis forza da que nos pensamos.
Para artellar a protesta na Xunta, desde a sección de CNT pensamos que teremos que pasar inevitablemente pola autoorganización, é dicir, por un modelo horizontal de decisión desde abaixo. Nos propoñemos a convocatoria de asembleas de traballadores/as e actos de protesta de maneira regular, seguindo a liña de acción: aprender a organizarnos, aprender a funcionar e extender o modelo a outros centros de traballo. 
Para tentar lograr isto desde a nosa modesta posición, a sección de CNT manterá contactos cos sindicatos representativos da Xunta que son os ÚNICOS que teñen a potestade legal de convocar asembleas. A sección comprometese tamén a informar ao persoal a través, se non nolo impiden, do envío de mails masivos desde o enderezo corporativo da sección: cnt.sancaetano@xunta.es.
Seguidamente, abriuse un turno de palabra aos asistentes onde se comentaron aspectos relativos á anterior asemblea na Xunta e o escaso percorrido que tivo, á actuación e relación da CNT cos sindicatos representativos e onde tamén se pediu un pouco de implicación dos propios traballadores na resolución dos seus problemas... 
Como punto final do acto, o delegado da CNT convidou aos asistentes a voltar ao traballo e prescindir do correspondente descanso para o café como parte da filosofía do propio acto.Esta é a proposta que a sección de CNT na Xunta de Galicia presentou onte na reunión convocada en San Caetano: artellar a protesta desde a base facendo asembleas de traballadores/as e actos reivindicativos de maneira regular como defensa ante os recortes laborais e sociais presentes e futuros.

Eis un resumo desta reunión, ou primeiro "café combativo":

reunión XuntaO acto arrancou ás 11:35h de mans de Pablo Paz, delegado da sección, que comezou agradecendo a asistencia dos presentes (unha treintena) e presentando brevemente a sección de CNT na Xunta e o seu modo de funcionamento horizontal co que xa levamos traballando desde fai anos centrados na Consellería de Educación, e que agora amplia o seu campo de actuación polo crecemento da afiliación na Xunta. 

A continuación, pasouse a falar dos recortes, os que xa se fixeron e xa nos afectaron como o retraso na idade de xubilación, a redución salarial,... dos que estamos vendo noutros paises "intervidos" da zona euro e, por suposto, dos que "se esperan": máis redución salarial, aumento de horas de traballo, aumento xeralizado de prezos, reformas laborais, trocos nas políticas sanitarias e educativas, nova reforma laboral, "mini-jobs"... todo seguindo os ditámenes e políticas neoliberais do BCE-FMI que non teñen outro obxectivo que PRIVATIZAR, canto máis mellor. Así, se propicia o lucrativo negocio da contratación de empresas que substitúen servizos e empregados públicos a un custo bastante máis elevado, porque sempre PRIVATIZAR É MÁIS CARO e significa una precarización evidente do traballo, como vemos diariamente nas subcontratas da Xunta. Todo isto, acompañado das clásicas mentiras verquidas polos medios de comunicación e do seu linchamento mediatico, sobre todo dos empregados/as públicos.

Agora, pídennos a tod@s outro novo esforzo, disque non hai cartos!! Pero todos sabemos que si hai cartos para algunhas cousas: para subvencións (partidos políticos, sindicatos, medios de comunicación, colexios profesionais, etc etc), para pagar astronómicas indemnizacións de banqueiros (nova caixa-banco Galicia, CAM,...) ou para que, directamente, nolos rouben políticos corruptos e empresarios corruptores (igape, campeón, Urdangarín, gürtel,...).

Ante esta situación, pensamos que xa hai moitos motivos para protestar: 

  • porque nos afecta directamente a nos e aos nosos, que vexan que non os cremos!!
  • porque aínda é legal protestar e podemos saír á rúa con certa normalidade
  • porque somos persoas solidarias e temos unha responsabilidade por ser, ata o de agora, os traballadores con millores condicións para protestar e reclamar
  • porque somos nos os que vemos as "políticas" de primeira man... 
  • e porque hai esperanzas, xa que xuntos somos moitos e podemos conseguir un futuro digno ou, polo menos, un futuro menos malo... moitas veces, son os pequenos xestos os que logran grandes cousas e sempre, os traballadores e traballadoras, temos máis forza da que nos pensamos.

 

Para artellar a protesta na Xunta, desde a sección de CNT pensamos que teremos que pasar inevitablemente pola autoorganización, é dicir, por un modelo horizontal de decisión desde abaixo. Nos propoñemos a convocatoria de asembleas de traballadores/as e actos de protesta de maneira regular, seguindo a liña de acción: aprender a organizarnos, aprender a funcionar e extender o modelo a outros centros de traballo. 

Para tentar lograr isto desde a nosa modesta posición, a sección de CNT manterá contactos cos sindicatos representativos da Xunta que son os ÚNICOS que teñen a potestade legal de convocar asembleas. A sección comprometese tamén a informar ao persoal a través, se non nolo impiden, do envío de mails masivos desde o enderezo corporativo da sección: cnt.sancaetano@xunta.es.

Seguidamente, abriuse un turno de palabra aos asistentes onde valoraron positivamente a proposta da sección e se comentaron aspectos relativos á anterior asemblea na Xunta e o escaso percorrido que tivo, á actuación e relación da CNT cos sindicatos representativos e onde tamén se pediu un pouco de implicación dos propios traballadores na resolución dos seus problemas... 

Como punto final do acto, o delegado da CNT convidou aos asistentes a voltar ao traballo prescindindo do correspondente descanso para o café como parte da filosofía do propio acto.

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
cnt.sancaetano@xunta.es
981 546 815
www.cntgaliza.org/?q=xunta