Prensa obreira

Concentración ás portas das Escolas

A sección sindical da CNT na rede de escolas infantís "Galiña Azul" apoia as concentracións convocadas pola CIG, ao longo da mañán deste mércores 23 de novembro en tódolos centros de traballo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

upload pictures

A situación do persoal desta empresa ven sendo ignorada repetidamente pola administración, negando o noso dereito a negociar solucións ante as irregularidades que existen no referente ao convenio, ás listaxes de sustitucións, cobertura de baixas, á falta de material, ao plan de formación, á imposición do RRI, e a un longo etcétera de situacións que se están a alongar no tempo e das que xa estamos fart@s.

A xerencia do consorcio non só desatende as demandas das traballadoras e traballadores de xeito sistemático, senón que coacciona e manipula para reprimir as accións sindicais lexítimas dentro dos centros de traballo.

 

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Outubro 2012 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031