Prensa obreira

Victoria da CNT contra a represión sindical en Celta-Prix

jornadasA actividade reivindicativa dos sindicatos da CNT, con concentracións en Cedeira e Sada e outras protestas, conseguiu que cesase a represión sindical na empresa Celta-Prix contra o secretario da sección sindical da CNT nesta empresa de recollida de lixo, en Cedeira. Despois de varias mobilizacións, a empresa decidiu retirar a sanción ao secretario da sección sindical no acto de conciliación, aceptando que a sanción que lle fora imposta era un acto de represión sindical.

En conversas coa CNT, a empresa Celta-Prix asumira xa a retirada do expediente ao secretario da sección sindical, o cumprimento do convenio no relativo aos temas de seguridade no traballo, así como a adaptación do posto de traballo ás condicións de saúde deste traballador.

A sección sindical da CNT en Celta-Prix e o Sindicato de Oficios Varios de Ferrol desexan agradecer aos sindicatos e militantes da CNT que participaron nas accións de protesta e a toda a xente que se solidarizou co compañeiro represaliado. Do mesmo xeito, continuamos a denunciar a deixación de funcións do delegado sindical da CIG en Celta-Prix de Cedeira, quen se abstivo de calquera actuación diante da represión sindical na empresa e dos incumprimentos do convenio, amosando novamente a inutilidade do sindicalismo subvencionado.

Unha vez máis, a actuación do sindicalismo de clase e independente amosou que a solidaridade é a máis útil ferramenta da clase traballadora.

Sección Sindical da CNT en Celta-Prix de Cedeira
Cedeira, 15 de novembro de 2011

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Abril 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930