Prensa obreira

Charla mércores 16 "Curuxás, o último guerrilleiro"

O vindeiro mércores, 16 de novembro, ás 20 h. Carlos Parrado dará unha charla no local da CNT da Coruña(rúa Washington, 36, baixo) sobre Ramón Rodríguez Varela, o Curuxás, guerrilleiro que nunca chegou a ser apresado.

Ramón Rodríguez Varela naceu en Toques en 1904, e fixo parte do Sindicato Mineiro da CNT en Lousame. A partir de 1936 acada sona como guerrilleiro baixo o alcume de “Curuxás”. A súa primeira acción de envergadura foi roubar a nómina da mina o 14 de Abril de 1937. No 1941 escapa dunha ciada na sua casa familiar matando un garda civil. Andou cun grupo vencellado ás sociedades agrarias e obreiras polas terras do Alto Ulla, na Agolada e no Barbanza.

Colaborou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleiro e cos restos
do Grupo Neira.

Como puido morrer Curuxás de morte natural en Toques no ano 1967? Como puido sobrevivir á ditadura franquista e á sua represion durante mais de 30 anos?.

Carlos Parrado, paisano de Ramón Varela e autor do libro «Curuxás, o
guerilleiro que Franco non cazou», falará sobre todo isto o vindeiro
mércores, 16 de novembro, ás 20h.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Setembro 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930