Prensa obreira

Xunta e Tragsatec: un novo caso de cesión ilegal de traballadores.

tragsatecEn Xaneiro de 2011 desde a CNT de Compostela informabamos do despedimento de dous compañeiros informáticos por parte Consellaria de Medio Ambiente, despois de cinco anos traballando para a Xunta a través do grupo Tragsatec, con unha lista interminábel de contratos de servizo determinado (casualmente sempre o mesmo servizo). Un ano antes reclamaran a situación de cesión ilegal. Finalmente ten recaido sentenza xudicial que declara a existéncia de cesión ilegal de traballadores tal e como demandaran os nosos compañeiros, e da mesma maneira que desde a CNT levamos denunciando tantos casos que habitualmente acontecen na Xunta de Galicia.

A práctica da contratación fraudulenta de traballadores é absolutamente habitual na Xunta de Galicia, e fai-se pola via de externalizar servizos para conceder-llos a empresas privadas que resultan concesionárias dun servizo que a Xunta debia cubrir con médios própios, é dicer, con persoal funcionário. A lista de denúncias e sentenzas recaidas contra esta práctica non é pequena, sen embargo a Xunta segue a levá-la a cabo, aínda resultando extremadamente mais caro que ofertar postos de funcionariado. Desde a CNT seguiremos a denunciar esta reiterada práctica privatizadora, como xa temos feito e gañado nas consellarias de Medio Ambiente, Educación ou Sanidade.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Xullo 2009 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031