Prensa obreira

Celta prix acosa ao delegado da seccion sindical da C.N.T.

Tras case dous anos de loita polos dereitos dos traballadores a Sección Sindical da CNT na empresa Celta Prix, concesionaria da recollida do lixo e limpeza da vila de Cedeira, quere comunicar á opinión pública a situación laboral en dita empresa.

As primeiras reclamacións que se levaron a cabo, como o pago de salarios e pagas extraordinarias, a entrega por parte da empresa dos equipos de protección individual (guantes, gafas, botas de auga, roupa de traballo...) ou denuncias da situación de insalubridade da vila en datas de desfrute de vacións de traballadores foron, case na súa totalidade, acadadas con éxito, despois de concentracións e reparto de información aos habitantes da vila en diversas ocasións. Pero a empresa continúa presionando aos traballadores chegando a sancionalos alegando que asalariados non comunican con “antelación debida” a negativa de faer horas extras un dos domingos de agosto. Dende a Sección Sindical da CNT en Celta Prix chamamos a solidariedade obreira , denunciamos públicamente estas práticas e informamos que continuaremos loitando contra as irregularidades e presión á que os traballadores son sometidos.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Xullo 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031