8M: folga xeral feminista

Xornadas "Memoria Dun Tempo.1930-1940, anos de luz e escuridade"


Durante os anos 30 pequenos concellos como Mañón (norte da Coruña) pasaron da esperanza á desesperación.

A esperanza posta por unha parte da poboación en Galicia, e por outra na CNT, neste caso coa creación en xuño de 1936, do Sindicato da Industria da Pesca de O Barqueiro, truncada polo golpe militar fascista, que deixou no concello un rastro de represión, sangue e escuridade.

O "Coleitivo Memoria e Dinidade " organiza conferencias sobre aqueles anos baixo o título "Memoria Dun Tempo.1930-1940 anos de luz e escuridade" co seguinte calendario:

Venres 30 de setembro. 19:30 hrs. Salón da Asociación Cultural "A Barca". O Barqueiro, concello de Mañón (A Coruña):

"Mañon 30 anos. Da Ditadura Franco á democracia republicana", de Emilio Grandío Seoane. Profesor do Departamento de Historia Contemporánea e América da Universidade de Santiago.

Sábado 01 de outubro. 19:30 hrs. Salón da Asociación Cultural "A Barca". O Barqueiro, concello de Mañon (A Coruña):

"A represión franquista no Ortegal na Guerra Civil", de Xosé Manuel
Suárez. Doctorado en Historia pola UNED.