Enquisa HostaleríaDigna

Compostela homenaxe às “Marias”

marias
Diversos colectivos de Compostela comemoraron o 75 cabodano do alzamento fascista do 18 de Xullo de 1936, en un acto às 2 do meio-dia en homenaxe às “Marias”, “as duas en ponto”, relembrando a estas duas irmás da libertária saga dos Fandiño Ricart, pola sua reivindicación de liberdade “en tecnicolor” encontra da grisalla fascista.

O acto celebrado às “duas en ponto” ao pé da escultura à sua memória contou com unha nutrida representación da sociedade civil compostelana, que quixeron mostrar-lle com este homenaxe o respeito à memória de Maruja e Corália, da orgullosa familia libertária represaliada, a elas e aos seus irmáns, como elas compañeiros da CNT, que foron perseguidos e reprimidos e que encontra do mundo, pasearon polas ruas de Compostela a sua dignidade libertária encontra do terror fascista e continuaron coa sua testimuña de liberdade.