A CNT ven de constituir unha Sección Sindical na rede de escolas infanís pertencentes ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, máis coñecidas como a rede de escolas infantís da "Galiña Azul"
A Sección nace coa vontade de asentar na empresa unha alternativa sindical independente e asemblearia aberta a todos os traballadores e traballadoras e de servir de vehículo de denuncia das condicións laborais e problemática desta rede de escolas infantís públicas.
As traballadoras e traballadores destas escolas atópanse nunha constante situación de irregularidade. O persoal laboral non está adscrito a convenio propio, nen tan sequera sabe se a referencia lexislativa ven determinada polo estatuto dos traballadores ou polo estatuto do empregado público. Este baleiro legal non é a única incoherencia ligada aos postos de traballo na rede de escolas infantís, pois ademáis existen multitude de contradiccións nas normas que rixen o proceso de de matriculación das crianzas; así coma na dotación de material ás escolas, ou no plan de formación; por nomear só parte das incomprensibles anomalías que dificultan o traballo cotiá nos centros.
Así é a CNT
Un Sindicato Anarcosindicalista, onde nos organizamos @s traballadores/as para defendernos das agresións laborais e sociais; no que somos nós, sen comités executivos, liberad@s, nen líderes, quen decidimos sobre os nosos propios problemas e aspiracións.
A lei estipula que para ser un sindicato “representativo” hai que presentarse a unhas eleccións sindicais nas que se elixen delegad@s sindicais e comités de empresa. CNT non participa en eleccións e propón o seu boicot xa que, mediante o teu voto, dáslles aos teus “representantes” o poder de decidir, asinar e negociar por ti e imporche a súa vontade e quedan durante 4 anos fóra do teu control. Os comités nun momento dado poden someter os seus acordos a votación, pero estas non son vinculantes. @s traballador@s deben poder construir entre elas os acordos. Unha votación dun acordo xa tomado fainos perder a capacidade de atopar as nosas propias solucións para os nosos conflitos.
Na CNT as decisións tómanse en asemblea na cal participan todos @s afiliad@s e todas as palabras teñen o mesmo peso.
Os nosos principios
Autoxestión: @s traballadores/as xestionan os seus propios asuntos sen intervención de autoridade algunha.
Solidariedade e apoio mutuo: en virtude deste pacto solidario, cada agresión que reciba unha das partes da CNT é respondida por toda a Confederación.
Unha das nosas tácticas principais é a Acción Directa, é dicir, a solución directa dos conflitos polos individuos afectados, sen intermediarios.
A nosa acción sindical
Os afiliados e afiliadas á CNT praticamos a acción sindical a través das Seccións Sindicais, xamais a través dos comités de empresa. A sección sindical é o conxunto de todos os afiliados e afiliadas á CNT nunha empresa.
Por eso son todos os afiliados, e non só os delegados, os que levan para adiante a acción sindical: información aos traballadore/as dos planes e actuacións da empresa, denuncia das infracións das normativas, leis e convenios, defensa dos compañeiros/as que teñan conflitos coa patronal, elaboración de plataformas reivindicativas, organización de campañas de solidariedade cos/as traballadores/as doutras empresas ou sectores, e toma de decisións mediante asembleas.






