Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Se a vivenda é un luxo, okupar é un dereito

Onte a primeiras horas da mañá foi desaloxada pola policía nacional a Casa das Atochas. Un Centro social okupado con tres anos de actividade ás súas espaldas.

Tres anos de tertulias, de concertos, de talleres, de aprendizaxe e de comunidade; de loita contra a especulación, de autoxestión e de demostración de que é posible facer as cousas de outro xeito.

Tres anos de exemplo.

Dende a CNT queremos expresar a nosa absoluta repulsa ante o acontecido onte na Praça das Mulheres Livres, e chamamos a todas e a todos a asistir á manifestación convocada este sábado 16 de abril ás 18:00 horas no Campo da Leña da Coruña.

Nengunha agresión sen resposta.