Prensa obreira

A CNT reclama vagas para docentes de português no ensino secundário

 

A instáncias da Associação de Docentes de Português, a CNT de Compostela reclama, junto com outros sindicatos, a convocatória de vagas para o ensino de português como segunda língua estrangeira.

Nesta sexta-feira, dia 17, às 11 horas, os sindicatos CIG-Ensino, FE-CCOO, FETE-UGT, ANPE, STEG, CSIF ,CNT e CUT apresentaram no Registo Central da Junta, em Santiago de Compostela, um escrito dirigido ao diretor geral de Educação, Formação Profissional e Inovação Educativa. No texto apresentado reclama-se que para este curso 2010/2011 se convoquem vagas para a especialidade de português no ensino secundário, e se estabeleça uma lista de substituições própria.

A seguir, celebrou-se uma rolda de imprensa na que o companheiro Joseph Ghanime, membro da Associação de Docentes de Português tomou a palavra.

Devido ao aumento constante do número de alunos e alunas que deseja estudar português, é necessário incrementar a oferta para «poder responder com qualidade e eficácia às novas exigências educativas». A língua portuguesa é falada no mundo por mais de 200 milhões de pessoas e a Galiza tem uma vantagem competitiva nesta área a respeito do resto das autonomias.

Eis o texto

ghanimeÁ/A ATENCIÓN DO DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Os sindicatos abaixo asinantes vimos comprobando nos últimos anos:

• O aumento do número de alumnos/as de portugués no ensino, con especial atención ao ensino secundario: vez analizada e estudada a presenza da lingua portuguesa no ensino secundario de Galicia (no ano académico 2008-2009) os datos xerais amosan que existen 4 centros con portugués nas provincias da Coruña e Ourense, 6 na provincia de Lugo, e 8 na provincia de Pontevedra, sumando un total de 22 centros con horas de portugués que, no seu conxunto, dan cobertura a máis de 600 alumnos/as (o que se corresponde case coa metade do total dos alumnos/as de portugués do ensino público e regulado en toda Galicia e en todos os niveis: EOI, primaria e secundaria, onde fan un total de máis de 1.350 alumnos/as.) En definitiva, a evolución do número de alumnos/as estudando portugués en secundaria vai en aumento, cando menos, nos dous últimos anos académicos, o que debe ser estudado, analizado e valorizado para actuar en consecuencia e poder responder con calidade e eficacia ás novas esixencias educativas.

sindicatos• A deficiencia de servizos por parte da administración: ensino secundario constatamos que realmente non existe un maior número de alumnado porque non se dispón de horario para atendelo, chegando incluso a extremos de que o actual profesorado de portugués, como segunda lingua optativa nos centros galegos, se vexa na obriga de soportar nun grupo máis alumnado do que a mesma lei permite, non podéndose dividir porque non existe profesorado.

• A necesidade de potenciar os estudos de portugués. Con máis de 200 millóns de falantes de portugués teremos a capacidade de comunicarnos con diferentes países e esta capacidade, en momentos de crise como os que corren, deberá ser aproveitada e fomentada ao máximo, tendo en conta, ademais, que estamos a falar de poder comunicarnos co Brasil que ten unha importancia estratéxica considerable como potencia emerxente a nivel mundial. A implantación do portugués no ensino sería a forma de concretar a potencialidade do galego dado que estudando unha lingua próxima e útil (é a terceira lingua europea máis falada en todo o mundo e ocupa o quinto posto a nivel mundial das linguas máis faladas do mundo) daríamos visibilidade e competitividade á sociedade galega internacionalmente aumentando a súa capacidade de comunicación efectiva e significativa cun gran número de países e falantes do mundo (con todos os beneficios e rendibilidades que iso facilitaría e implicaría).

Non deixa de ser sorprendente que a presenza da lingua portuguesa noutras comunidades autónomas do Estado español, como pode ser o ben coñecido caso da
Extremadura, o de Castela e León onde tamén xa existen prazas de portugués no ensino secundario, así como a recente nova da implantación do portugués como segunda lingua no sistema educativo de Andalucía, sexa moito maior que a promoción e implantación que se dá no sistema educativo galego, máxime cando o seu coñecemento ten maior utilidade no noso país, pola proximidade, afinidade e interese laboral.

• A normativa europea:
Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992 (ratificada por estado español no 2001). Os seus apartados b, c, d, f, g, e, e especialmente o i do artigo 7º da Parte II deberán ser cumpridos e garantidos; así como a totalidade do artigo 14º: Intercambios transfronteirizos da parte III do documento, cuxo texto explicita:
As partes comprométense a:
a) Aplicar os acordos bilaterais e multilaterais existentes que as vinculan aos Estados onde a mesma lingua é utilizada de modo idéntico ou próximo, ou esforzarse para a súa celebración, se necesario, de maneira a favorecer os contactos entre os falantes da mesma lingua nos Estados en causa, nos dominios da cultura, do ensino, da información, da formación profesional e da educación continua;
b) No interese das linguas rexionais ou minoritarias, a facilitar e/ou promover a cooperación a través das fronteiras, en particular entre as colectividades rexionais ou locais no territorio das que a mesma lingua é utilizada de modo idéntico ou próximo.

Todo isto, supón que se debe:

• Garantir a calidade da educación no cada vez maior número de alumnos/as a estudar portugués no ensino secundario: cantidade de alumnos/as no ensino
secundario a estudar portugués xustifica, cuantitativamente, a existencia dunha atención especial e específica a estas necesidades que garanta a calidade no ensino atendida por profesionais por persoas coa debida formación.

• Implementar gradualmente as medidas oportunas: , e, debido ao tempo social que estamos a vivir, cremos que esta implantación poderá ser feita gradualmente fomentando a través dos diversos programas existentes, a combinación da docencia do portugués cos profesionais de lingua galega que até o momento o veñen facendo, así como unha acción paralela de incentivar a creación da especialidade específica de portugués o ensino secundario que dignifique, valorice e recoñeza a profesionalidade e especialización desta especialidade.

• Cumprir a normativa vixente da maneira máis eficiente e non discriminatoria que ampara as relacións transfronteirizas. E non discriminar unhas linguas en detrimento doutras: existen actualmente en Galicia 10 prazas efectivas de alemán no ensino secundario fronte a ningunha de portugués, por exemplo, cando o número de alumnos/as e de centros non alcanza o de portugués; e non foron ofertados cursos DECEL (Cursos de Desenvolvemento da Competencia Lingüística para o Profesorado) de Portugués para o presente ano académico 2010-2011 en detrimento da oferta de 16 cursos de francés nos seus diferentes niveis e 26 de inglés nos seus diferentes niveis tamén.

• Ofrecer á sociedade galega a oportunidade de aprender con calidade e recursos adecuados unha lingua que lle é próxima e accesible, que por iso mesmo pode ser aprendida con rendibilidade en moi pouco tempo, e que posúe unha potencia internacional o que abriría moitas novas portas e daría novas perspectivas económico-produtivas á nosa comunidade. polo que, demandamos

Unha correcta e normativa implementación da especialización no ensino do portugués como segunda lingua estranxeira e unha non discriminación dunhas
linguas en detrimento doutras.

A convocatoria de oposición neste curso 2010/2011 para a especialidade de portugués no ensino secundario e o establecemento dunha listaxe de
substitucións propia co requisito da titulación de portugués ou a que a lexislación actual estableza.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.