cnt cnt

Suso Pais: Paga o que debes. Concentraci贸n na cafetaria A Conga

Compostela. 8 Xullo, 2010 - 15:30

concentración cnt congaEsta mañá de xoves treboento, un piquete da CNT de Compostela concentraba-se nas portas da cafetaria A Conga, cafetaria na que o empresário progre Suso Pais lesiona continuamente os direitos d@s traballador@s. O dia amenceu treboento, pero para treboada a que tivo que aturar Suso Pais, dono tamén do Café Literarios, pois durante unha hora @s cenetistas informamos às boas xentes de Compostela e aos visitantes da cidade das prácticas anti-operárias deste empresário da noite compostelana, até que conseguimos que a clientela fose abandonando o estabelecemento e este ficase tan baleiro como as carteiras d@s empregad@s aos que Suso Pais non lles paga o que lles debe.

Desde a CNT levaremos a cabo todas as accións sindicáis que consideremos convenientes até que o empresário explotador Suso Pais pague o que debe. Ao tempo, chamamos às boas xentes de Compostela e visitantes da nosa cidade a boicotar estas duas cafetarias, A Conga e o Literarios, non consumindo nelas entanto Suso Pais non pague o que debe.

SUSO PAIS EXPLOTA @S TRABALLADOR@S. BOICOTE Á CONGA E AO LITERARIOS!!!

Suso Pais, dono das cafetarias A Conga e Literarios, empresário de aire progre, é un exemplo perfecto da explotación que sofren @s traballador@s do sector da hostelaria en Compostela, mais cando o Xacobeo inunda o ambiente e as ánsias de benefícios por riba de calquera cousa, principalmente os direitos laboráis, son o principal obxectivo dos empresários da noite compostelana.

Entre outras cousas, o empresário Suso Pais:

- Non recoñece as horas extraordinárias que obriga a facer a seus empregad@s.
- Non paga o obrigado plus de nocturnidade nen os dias festivos traballados.
- Engana @s traballador@s coa intención de reducir os seus direitos, estabelecendo periodos de proba ilegais para que @s traballador@s non reclamen por despido).
- Contrata fraudulentamente. Os seus traballador@s debian ser indefinidos e non temporáis.
- Outras veces directamente non lles fai contrato.
- Unha vez despide às suas empregad@s, nega-se a lles entregar o certificado de empresa para retrasar o acceso á prestación por desemprego e así forzar a sinatura dun finiquito fraudulento.

Suso Pais adoita levar a cabo habitualmente estas e outras prácticas lesivas aos direitos d@s traballador@s. Isto foi o que fixo con dous afiliados à CNT, que decidiron non calar e reclamar o que lles corresponde.

Desde a CNT levaremos a cabo todas as accións sindicáis que consideremos convenientes até que o empresário explotador Suso Pais pague o que debe. Ao tempo, chamamos às boas xentes de Compostela e visitantes da nosa cidade a boicotar estas cafetarias non consumindo nelas entanto Suso Pais non pague o que debe.

SUSO PAIS: EMPRESÁRIO MODELO DA NOITE COMPOSTELANA

Duas persoas son as despedidas por Suso Pais en dous meses, non está mal como média.

Co primeiro traballador molestou-lle que aparecera unha Inspeción de Traballo e o pillara in fraganti, traballando sen contrato. Mais lle molestou que este traballador lle dixera á Inspección os anos que levaba traballando. Tanto que o obrigou a asinar un contrato temporal para botá-lo nada máis rematar este, tras anos de traballo sen contrato.

Co despido da segunda traballadora que acudiu à CNT, Suso Pais pode dar unha lección a Díaz Ferrán sobre “como facer que non só o despido salga gratis, tamén o contrato”. Esta vez foi menos burdo que a anterior: fixo un contrato! Pero que contrato!!: Tomen nota, empresári@s da hostelaria:

Diria Suso Pais: Contrata a unha traballadora das que non pagas ti, senón o Estado: muller, maior, cargas familiares, parada....acumula todas as bonificacións que permita a lei, e fai un contrato indefinido, que é o máis subvencionado.

Contestaría Díaz Ferrán: Non Suso, non, fai como fixeches sempre, non fagas contrato, que xa che pasou a Inspeción unha vez e non vai voltar ao mesmo sitio. Sabes canto custa despedir a unha indefinida?

Riria Suso Pais: parece mentira que sexas o xefe da patronal: Fas un contrato indefinido destes que saen gratis e pos-lle o periodo de proba que che pareza. Chegado o último dia do periodo de proba, botas á traballadora e dis-lle que é un cese por non superar a proba. Así sae gratis o despido e ela non vai dicer nada porque todo o mundo sabe que no periodo de proba o empresário pode botar-te cando queira.

Isto que parece unha broma e o que fixo Suso Pais: como xa tivo problemas coa inspeción e várias denúncias doutr@s traballador@s, decidiu facer contrato a esta traballadora, unha persoa que cumple os requisitos para que a cotización do empresário lle saia prácticamente gratis, por estar bonificada polo Estado. Por iso fixo un contrato indefinido, pero cun periodo de proba excesivo e ilegal, pensando que a traballadora non ia reclamar, xa que ese periodo viña no contrato. Foi ademáis tan burdo que agardou ao que el pensou que era o derradeiro dia da proba para botá-la, exprimindo-a até o final. Non conforme con iso, sorprendido de que a traballadora non asinara o cese e o finiquito, e con outro proceso xudicial por despido e cantidades pendiente no xulgado, intentou forzar á traballadora, negando-se a entregar o certificado de empresa se non o facia, sabendo que deste xeito, a traballadora non poderia cobrar o desemprego.


  Confederaci髇 Nacional do Traballo