cnt cnt

Boicot 脿s cafetarias Conga e Literarios por constantes ataques aos direitos d@s traballador@s

Compostela. 5 Xullo, 2010 - 19:18

literarios e conga en conflito con CNT

 

En poucas semanas xa son duas as persoas traballadoras que acudiron até este sindicato para reclamar contra os despidos e vulneracións aos direitos laboráis por parte do rexente do bar a Conga e do Café Literarios. Este empresário de aire progre é un exemplo perfecto da super-explotación que sofren @s traballador@s do sector da hostelaria en Compostela, mais cando o Xacobeo inunda o ambiente e as ánsias de benefícias por riba de calquera cousa son o principal obxectivo dos empresários da noite compostelana.

Entre as diversas vulneracións aos direitos d@s traballador@s que practica o empresário das cefetarias Literarios e Conga destacamos:

- Non recoñecemento das horas extra..
- Inexisténcia de plus de nocturnidade.
- Enganos @s traballador@s coa intención de reducir os seus direitos (estabelecemento de periodos de proba ilegais para que @s traballador@s non reclamen por despido).
- Contratación temporal fraudulenta.
- Negativa a entregar o certificado de empresa para retrasar o acceso á prestación por desemprego e así forzar a sinatura do finiquito ante un despedimento.
- Traballador@s sen contrato.

A CNT realizará todas as accións sindicais que sexan precisas até que se recoñezan os direitos dest@s  traballador@s. Facemos un chamamento para que se deixe de consumir nestes locais namentres non sexan atendidas as xustas reclamacións dest@s traballador@s.


  Confederaci髇 Nacional do Traballo