Prensa obreira

Manifestación 26 xuño en Compostela: Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

26/06/2010 12:00

cartaz mani 26 xuño contra a reformaAnte o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha reforma das pensións que proxecta elevar a idade de xubilación até os 67 anos, ademáis de aumentar o número mínimo de anos necesários para poder aceder a unha pensión, ademáis de outros recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 26 de Xuño. A manifestación partirá da Alameda às 12:00, para rematar na Praza de Cervantes cun mítin no que falarán dous compañeiros da confederación galaica e Antonio Baena, ex-secretário de acción sindical da CNT estatal.

O dia 16 de Xuño o governo do PSOE aprobou o decreto polo que se estabelece unha nova reforma laboral, a sexta desde o início da democracia. Se as anteriores se centraban en restar direitos aos traballador@s, esta procura a liberalización definitiva do mercado de traballo e o aumento de axudas por parte do Estado (que sairán d@s traballador@s, via impostos e retencións) para a clase empresarial.
Estes son os pontos fundamentáis da nova reforma:

1) Permisibilidade da contratación temporal irregular: deixan de ser relevantes as causas taxadas que permiten realizar contratos de obra, sempre que non se sobrepasen os límites temporais estabelecidos.
2) Facilitación dos despidos colectivos: a empresa só terá que aportar unha “mínima razoabilidade” para proceder ao despido de traballador@s en masa.
3) Abaratamento do despido: xeraliza-se o despido con indemnización de 33 dias de salário por ano de servizo cun máximo de 24 mensualidades.
4) Nos despidos obxectivos e colectivos, @ empresári@ só terá que pagar doce dias por ano de servizo até un máximo de doce mensualidades. Os outros oito pagará-os o FOGASA, o que implica que @s traballador@s teñamos que meter-nos nun proceso para exixir o indemnización debida.
5) Seremos @s traballador@s quen paguemos o noso próprio despido: irá-se-nos quitando periódicamente unha parte do salário (fondo de capitalización), que se nos “devolverá” en caso de despido, reducindo-se o que ten que aboar-nos @ empresári@ no mesmo número de dias que tiveramos acumulado nós para ese fondo. Esta medida entrará en vigor para o ano que ven.
6) Os convénios colectivos quedan en papel mollado: as empresas poderán “descolgar-se” do salário que estabeleza o convénio para o sector, cando a sua “estabilidade económica” poida ver-se danada.
7) As funcións do INEM serán compartidas con  axéncias privadas  de colocación, con ánimo de lucro.
8) Permítese a contratación a través de ETTs para actividades especialmente perigosas, antes proibidas.
9) Os convénios colectivos non poderán estabelecer limitacións á contratación  a través de ETTs.
10) Aumentan as bonificacións do Estado aos empresários mentres @s traballador@s pagamos a crise co abaratamento do despido e do salário: bonificacións de até o 80% nas cotas da seguridade social en regulacións de emprego parciais (redución de xornada e salário d@s traballador@s); bonificacións empresariais á contratación indefinida; financiación a través do servizo público de emprego estatal (INEM) da formación teórica que deben asumir as empresas nos contratos para a formación, etc.

Os sindicatos oficiais, UGT e CCOO, separaron-se da sinatura do acordo, se ben é unha verdade a voces que esta reforma laboral está pactada desde hai meses entre governo, patronal e sindicatos. Simplemente intentan un lavado de cara cando cada vez @s traballador@s temos máis claro que estes sindicatos non nos representan.

No colmo da burla, convocan unha folga xeral para dentro de máis de tres meses, cando xa non valga para nada. A mobilización da clase traballadora debe comezar xa, desde hoxe. Os traballadores e as traballadoras vemos como cada dia perdemos calidade nas nosas condicións de vida e de traballo, como cada dia nos explotan máis e máis impunemente, e con medidas como os novos recortes sociais que xa nos impuxo o governo, e agora esta nova reforma laboral, o futuro semella poñer-se ainda máis negro.

So coa organización obreira en sindicatos de clase, à marxe de partidos políticos que xa nos teñen demostrado tantas veces de que maneira nos venden, e posíbel enfrentar estes ataques aos nosos direitos, e aos que seguramente virán no futuro.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Agosto 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031