Prensa obreira

Laboral

Plataforma revindicativa da CNT

Facemos anarco-sindicalismo, é dicer, sindicalismo de acción e ideas.

Une-te a nós !

 

Palabras prévias.

A CNT, as traballadoras e traballadores membros da mesma, non mendigan nada. Exiximos un meio social máis digno e namentras non teñamos un mundo máis xusto e igualitário queremos viver, e que os demáis vivan, con verdadeira dignidade. A Nosa história, tamén a história de todo o movimento obreiro, está chea de desilusións, derrotas e momentos moi duros. Mais tamén podemos falar con orgullo de conquistas sociais como a xornada de oito horas, as vacacións retribuidas, o descanso semanal ; conquistas que se lograron non hai moito tempo e que corren risco de seren incumpridas polos empresários ou suprimidad polo estado.

Nesta plataforma resumimos as nosas reivindicacións, as nosas aspiracións máis imeditas, os direitos mínimos que debemos de disfrutar. Foi elaborada por traballadores e traballadoras como ti mesma, con os teus mesmos problemas. Nengún dirixente nos indicou o que pór ou como facé-la, nengún empresário influiu para que rebaixemos o listón reivindicativo e nengún político nos orientou en como sacar partido. É a nosa plataforma reivindicativa, podes facé-la tua, mellorá-la, ampliá-la e sobretodo loitar dia a dia para que cada cuestión plantexada sexa realidade nun futuro non moi lonxano.

Traballadoras e traballadores, obreiros de calquera ramo ou ofício, xentes que sobreviveis con un soldo, persoas que saides adiantes con un salário : aquí está a nosa plataforma reivindicaliva. Tede presente que o capital e o estado non regalan nada e que en cada pequena conquista hai unha grande loita. Por último !, e case o máis importante para os anarcosindicalistas, non esquecé-lo é tan importante o que se consegue como a forma en que se consegue.

I.- Aumento do emprego e melloras nas condicións de traballo

1.-Medidas contra o paro

Para eliminar o desemprego e evitar que sexa unha ameaza constante contra a clase traballadora fai-se imprescindível o reparto equitativo do emprego entre todos os traballadores e traballadoras. Para conseguir isto CNT plantexa o seguinte :

Xornada máxima de 30 horas semanais sen nengún tipo de modificacións por supostas necesidades da empresa. A redución de xornada non debe levar aparellado rebaixas nos salários ; así, o traballo comezará a deixar de ser un priviléxio para se convertir no direito real que os traballadores temos, criando-se emprego á par que se reducen as horas de traballo.

Eliminación de horas extraordinárias, destallos e pluri-empregos, xa que estas modalidades de encobrimento, algunhas proibidas por lei, reducen os postos de traballo e facilitan a insolidariedade entre as traballadoras.

Vacacións de 31 dias habéis anuais.

Descenso da idade de xubilación aos 55 anos con un 100% do salário (que non é tanto).

2.- Contratación e melloras de emprego

Reivindicamos a total eliminación do traballo en precário. Para conseguí-lo propomos o seguinte :

Contratación de traballadores por medio de contratos fixos, incluidos os que se produzan por vacantes na imaxe plantilla laboral.

Eliminación da contratación que se realice por contratos de "fomento de emprego", falsos contratos indefinidos, contratos en práticas e de formación, etc.

Rexeitamento á polivaléncia e a movilidade xeográfica.

Supresión dos novos "grupos profisionais" e mantemento das categorias profisionais.

Todas as baixas por xubilación, excedéncias, invalidez e enfermidade serán cubertas.

Eliminación do contrato "por obra ou servizos" e das Empresas de Traballo Temporário (ETTs).

Redución do traballo nouturno ao mínimo imprencindíbel e só para os sectores que sexa necesário.

Inclusión destas medidas propostas nos distintos convénios e na negociación colectiva.

3.- Despidos

Na CNT estamos por unha defensa real dos postos de traballo. Portanto, mostramos o noso absoluto rechazo aos despidos colectivos, expedientes de crises, etc., negociados entre a patronal e os "sindicatos oficiais" que, por si fora pouca traixón destes "sindicatos" para o conxunto dos traballadores, reciben sumas millonárias para negociar eses despedimentos.

A todo despido improcedente debe corresponder, automáticamente, a readmisión do traballador ou

Indemnización dun ano de salário por despido, máis 75 días por ano en caso de despido improcedente e 45 días por ano en caso de despido procedente.

Os afiliados e afiliadas á CNT praticamos a acción sindical a través das Seccións Sindicais, xamais a través dos comités de empresa. A sección sindical é o conxunto de todos os afiliados e afiliadas á CNT nunha empresa. Por eso son todos os afiliados, e non só os delegados, os que levan para adiante a acción sindical: información aos traballadores dos planes e actuacións da empresa, denúncia das infraccións das normativas, leis e convénios, defensa dos compañeiros que teñan conflitos co patrón, elaboración de plataformas reivindicativas, organización de campañas de solidariedade cos traballadores doutras empresas ou sectores, etc.

4.- Subas salariais

Entendendo que todos os traballadores e traballadoras formamos unha só clase social, as nosas reivindicacións deben ir orientadas face un salário único e xusto para tod@s. A aplicación paulatina de subas lineais que equiparen os salários son unha solución a curto prazo, ainda que a solución definitiva das diferenzas abismais entre profisións e colectivos só poden chegar por meio a aplicación de subas inversamente proporcionais que fagan realidade iso de a igual traballo, igual salário.

As subas salariais deben ser automáticas por ano e deben partir, como mínimo, do cálculo do Indice de Prezos ao Consumo (IPC) e do poder adquisitivo perdido en anos anteriores.

5.- Salário mínimo interprofesional (S.M.I.)

Dadas as necesidades de vida actuais, consideramos que o S.M.I., que ademáis é a base para prestacións e subsídios, debe ser de 750 € mensuais. O S.M.I. será o mesmo para traballadores menores de 18 anos e traballadoras empregadas do lar.

6.- Baixas e maternidade

Estarán cobertas co 100% do salário base desde o primeiro dia en que se produzan e independentemente dos dias cotizados.

7.- Seguridade e hixiene no traballo

Ante os miles de accidentes laborais e a escalofriante cifra de mortos nos choios debe-se exixir o cumplimento estrito da normativa de seguridade e hixiene no traballo, recaindo no empresário a responsabilidade de todo incumplimento.

En todo caso debe primar a seguridade no traballo e non os benefícios económicos. A eliminación efectiva de horas extras, destallos, pluriemprego.. conleva tamén melloras nas condicións de seguridade no traballo.

II.- Melloras da protección social.

1.- Maternidade

Na CNT consideramos a maternidade como un direito da muler traballadora e non como unha enfermidade, e non pode ser unha traba á hora da contratación laboral. Polo tanto:

Debe ter unha cobertura total. A nai poderá optar entre o pagamento por parte do Estado da guarderia do fillo ou filla até que teña idade de escolarización ou percibir o estabelecido por convénio por ese conceito. A nai (ou o pai) deben ter direito a un periodo de excedéncia remunerada os 3 primeiros anos de vida do bebé.

Deben aumentar considerabelmente o número de prazas de guarderias públicas.

2.- Prestacións médicas e farmacéuticas

Entendemos que a Sanidade Pública é un direito que os traballadores custeamos co noso traballo e as retencións que por ese conceito se nos fai nos nosos salários. Portanto, a Seguridade Social debe cobrir o 100% de todas as prestacións médicas e farmacéuticas.

Deberán, pois, incluiren-se dentro das prestacións todas as patoloxías novas, as próteses, as reparacións odontolóxicas, etc. O aboto e os sistemas anti-conceitivos deberán ser tamén gratuitos.

3.- Direitos sociais

As prestacións sociais son para todos os traballadores e traballadores, estean en paro ou en activo. As retribuicións sociais deben ser marcadas apartir do "Salário Mínimo Interprofisional"(S.M.I.). e recoñecendo os mesmo direitos ás unións libres e a cualquer tipoloxia familiar ou de convivéncia que haxa na sociedade.

III.- Redistribución da renda.

Rechazo ao sistema vixente de imposición tributária onde os que menos ganamos máis pagamos e que grava o traballo frente ás rendas do Capital.

Rechazo do sistema de impostos indirectos que converten á Clase Obreira no contribuinte fundamental beneficiando aos máis poderosos económicamente.

Aplicación de medidas destinadas á consecución dun reparto da riqueza que penalice as desproporcionadas rendas e benefícios do Capital.

Trata-se, en definitiva, de implantar paulatinamente unha maior Xustiza Social.

IV. Direitos de participación d@s traballador@s.

1.- Direitos laborais

Eliminación de toda lexislación laboral anti-sindical e anti-obreira.

Rechazo da Reforma Laboral e incorporación dos Direitos Humanos ao mundo do traballo.

Desenvolvimento de fórmulas de traballo e de seguridade laboral que eliminen os miles de mortos por acidentes laborais.

2.- Direitos sindicais

Aplicación dunha verdadeira Liberdade Sindical e de asociación. Exiximos unha igualdade sindical que termine cos priviléxios das burocracias sindicais. Avogamos pola desaparición das nefastas figuras dos Comités de Empresa e a sua sustituición por órgaos xnuinamente obreiros como son as seccións sindicais. O lo que é o mesmo : rematar coa burocrácia e o dirixismo, e fomentar a participación directa dos traballadores.

3.- Negociación colectiva

Ao ser os traballadores os maiores afectados polos Convénios Colectivos, entendemos que a participación dos mesmos en todos e cada un dos procesos de negociación é crucial para a defensa dos seus intereses. A CNT avoga por unha negociación colectiva na que os únicos interlocutores válidos sexan os próprias traballadores através do sindicato e das asembleas, sen mediación de comités, xefes e burócratas.

Todos os convénios deberán ser de negociación anual e as propostas e a sua aceitación deben estar avaladas pola asemblea de traballadores e traballadoras.

Deben eliminar-se todos os convénios de eficácia limitada ou personalizados

O convénio respectivo debe reflectir, sen ambigüedades, as funcións de cada categoría profisional.

V.- Direito á auto-organización social.

As novas conquistas sociais e laborais deben de ir encamiñadas ao control e xestión obreira das empresas e servizos. O direito á auto-xetión económical e social é o máis digno ao que pode aspirar a Clase Traballadora.

A acción sindical da CNT, toda a nosa acción sindical, está edificada sobre a asociación, a organización, a acción directa e a solidariedade da Clase Traballadora. Estas constituen as ferramentas fundamentais do traballo e da loita. A transformación social é o noso grande reto.

 

Estatuto Dos Traballadores Medidas De Reforma De La Protección Por Desempleo Y De La Ley Básica De Empleo Modificación Da Lei De Património Sindical (03-11-05) Recopilatorio de lexislación laboral en noticias.juridicas.com