Cafeteria Warhol paga o que debes!!
A cafeteria Warhol esta na rua Dolores nº 54 de Ferrol, o seu dono chamase Massimiliano Mariella, e segun comenta na prensa local gustanlle moito o caldo galego e os callos, pero o que xa non lle gusta tanto e pagar a xente que traballa nos seus negocios. Debe ser que para ter un coche estupendo e unha moto de gran cilindrada de algun lugar ten que sacar os cartiños, asi que debeu de pensar que para vivir estupendamente nada mellor que contratar e non pagar, asi o fixo no restaurante rigoletto no que algun traballador ainda anda agardando a que lle page os seis mil e pico euros que lle adebeda, e asi o esta tentando facer con unha compañeira da C.N.T. que traballaba no "Warhol cafe" antes de que a despedise alegando "causas obxetivas" aproveitando a ultima reforma laboral do PP. Entre nominas atrasadas e finiquitos, a cantidade que lle adebeda a nosa compañeira esta nos 8.400 euros. O que non sabia o nachiño, e que na galiza aparte de caldo e de callos tamen hai organizacions obreiras con dignidade, e que casualmente unha das suas traballadoras forma parte da C.N.T. e neste sindicato non tragamos con que nos rouben e menos alegremente.
Non hai nadal para o anarcosindicalismo ferrolan.
Nestas ultimas semans, datas de falsa e hipocrita felicidade, ademais do incomprensible discurso do Borbon, tanto polo que di, como polo xeito en que o di, a realidade da clase traballadora dista moito de ser un remanso de paz. Non hai un só dia en que non teñamos pelexar por que non nos arrinquen os poucos dereitos que aínda temos despois dos ultimos anos de alternancia no goberno, tanto polo PP, como polo PSOE. Na comarca de Ferrol cambiamos os villancicos por consígnas, o gorro de papanuel polas parcartas, e as zanbombas polas bandeiras vermellas e negras, e é que non nos queda mais remedio que o da confrontacion, con quen para facerse aínda mais ricos pretenden destruír as nosas vidas.
Asembleas Abertas na Xunta de Galicia
Neste inicio de 2013 poñemos en marcha unha nova iniciativa entre os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia: as ASEMBLEAS ABERTAS. Iniciativa que xurde co obxectivo de elaborar entre tod@s estratexias de defensa ante o contínuo deterioro, tanto das nosas condicións laborais, como dos propios servizos públicos nos que traballamos. Isto, sen esquecer a fráxil situación xeral na sociedade de moitos traballadores/as.
Estas Asembleas Abertas para os empregados/as públicos comezarán este mesmo xaneiro na Administración Autonómica de Compostela con 3 convocatorias:
- o luns 14/1/13 ás 11h. no salón de actos nº2 de San Caetano
- o martes 15/1/13 ás 11h. no salón de actos da Conselleria de Sanidade en San Lázaro
- o mércores 16/1/13 ás 11h. no salón de actos do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Área Central
A CNT denuncia na Arxentina o xenocidio franquista
A Confederación Nacional do Traballo ven de presentar este 19 de decembro na Arxentina unha denuncia contra os crimes do franquismo, dentro do proceso que se tramita nese país contra o xenocidio cometido polo réxime dende 1936 ata 1977. Deste xeito, a CNT-AIT súmase ás accións emprendidas ante os xulgados arxentinos por parte de familiares de asasinados e desaparecidos, asociacións de recuperación da memoria histórica e demais entidades comparecentes no procedemento.
Concentración contra a banca e a dictadura dos mercados. Ferrol 20 de Dezembro as 18:00h.

A C.N.T. de Ferrol apoia a ocupacion do Ateneo polos seus traballadores.
Dende o SOV CNT – FERROL apoiamos a inciativa da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán que, a través dos seus traballador@s e ante a negativa do PP do Concello de Ferrol a facilitarlles as chaves da súa sede que ocupan dende hai 30 anos, optaron por entrar no edificio coa chave que sempre tiveron e que por dereito utilizaron.
Viva María, paga o que debes!
Onte, xoves 13 de decembro, tivo lugar a primeira concentración da CNT Compostela á porta do comercio VIVA MARÍA para reclamar os pagos que o seu dono debe ao noso compañeiro.
Conflicto con Isaac Fuente Otero: samesugas en Compostela

A CNT de Compostela entra en conflicto co empresario Isaac Otero Fuente, constructor que ofrece reformas e rehabilitacións na bisbarra de Compostela e explota aos seus empregados sen pensar nas consecuencias.
Charla "Problemáticas forestais e medioambientais"
O vindeiro venres, dia 14 de Decembro, a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT organiza unha charla tendo esta por titulo: “Problemáticas forestais e medioambientais”, onde se abordarán temas relaciona
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »







