Proxeción do filme Fóra e coloquio cos directores

A CNT de Compostela proxectará o filme Fóra, filme que, dirixido por Pablo Cayuela e Xan Gómez, conta a historia do barrio de Conxo en función do espazo nuclear do hospital psiquiátrico, en base ao que apresentan diversas reflexións sobre a loita obreira de onte e de hoxe, a psiquitría, a enfermidade... A proxeción será o xoves 21 de Marzo, ás 20:00, no local da CNT (García Prieto, 24-28) e contaremos coa presenza dos directores.
CNT Betanzos inicia conflicto contra Cazatuviaje.com
“Somos una agencia de viajes con más de 20 años de experiencia en el sector de turismo. Somos la agencia gallega más innovadora"
O feminismo de Compostela lembra a Rosa Bassave
O pasado sábado 9 de Marzo, en celebración do día da Muller Traballadora, o feminismo de Compostela quixo lembrar á compañeira Rosa Bassave, finada o pasado 11 de Setembro. O acto tivo lugar na Bilbioteca Concepción Arenal e foi, non unha homenaxe, que a compañeira Rosa tería rexeitado, senón un acto colectivo de lembranza por parte dunhas persoas que compartiron loita, militancia e amizade durante catro décadas.
PanGarcos denuncia a CNT

Despois de que durante o pasado ano este sindicato estivera en conflito coa panadaría PanGarcos cando unha asalariada desta empresa fora despedida despois dun ano de traballo en situación máis que irregular: xornadas de 10 horas ao día, nóminas falsas, impago de horas extras e traballo en días festivos, salario por debaixo do convenio, falta de vacacións, etc., e despois de ter chegado a un acordo no que o empresario recoñecía as débedas coa compañeira, este mesmo empresario que se queixaba de que "A acción directa é unha putada" ven de interpoñer unha denuncia contra a CNT e contra a súa ex-empregada por inxurias e calumnia.
A CNT presenta a súa denuncia contra o xenocidio franquista
A Confederación Nacional do Traballo presenta publicamente a denuncia que aportou o pasado mes de decembro á causa que se tramita nos xulgados arxentinos e que pretende axuizar o xenocidio cometido polo réxime dende 1936 ata 1977. Deste xeito, a CNT-AIT súmase ás accións emprendidas por parte de familiares de asasinados e desaparecidos, asociacións de recuperación da memoria histórica e demais entidades persoadas no procedemento.
Acto de apoio a CNT Sevilla en Vilagarcía de Arousa
En solidariedade cos compañeiros da CNT Sevilla despedidos por Telepizza a CNT Arousa organizou un piquete informativo o sábado 9 de marzo ao mediodía as portas do local desta empresa en Vilagarcía, e sumouse así as accións que nese día desenroláronse no conxunto do Estado.
Crónica da concentración o día da Muller Traballadora en Vilagarcía
O 8 de marzo, no día da Muller Traballadora, a CNT Arousa fixo unha concentración en Vilagarcía baixo o lema “Iguais na crise, iguais na loita”. Foi o único acto de istas características celebrado na cidade con motivo desta importante data, o que doulle unha importancia maior. A concentración transcurreu dende ás 20:30 ata máis das 21:30, tempo durante o que berrouse contra o capitalismo, o Estado e pola loita das mulleres, ademáis de facerse chamamentos a folga xeral que foron secundados pola mocidade que transitaba pola praza.
IV Foro – mesa redonda: O sector forestal a debate
A SOSTIBILIDADE DO MEDIO AGROFORESTAL GALEGO
Concentración pola defensa de CRTVE

Comezamos a mobilizarnos a plantilla de CRTVE. Hoxe as 10 da mañá concentrámonos diante do Centro de Traballo o motivo é a defensa do Servizo Público, das condicións laborais e dos postos de traballo.
Xornadas muller traballadora no NC de CNT en Allariz
O NC de CNT en Allariz proxecta tres documentais que se enmarcan dentro da celebración do 8 de marzo, Día da muller traballadora. Tras a súa emisión haberá debate aberto. Todas as proxeccións serán ás 18:00h no local sindical: Rúa do Castelo 10 (tras a Igrexa de Santo Estevo) en Allariz. 
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »






