Enquisa HostaleríaDigna

Galiza

Renovación do Comité do Sindicato de Pontevedra

Na ultima asemblea do Sindicato de Pontevedra e a petición do secretario xeral ata ese momento, Adrian Estevez, procedeuse a renovacion das secretarías.

O compañeiro Adrian non pode nestes momentos facer fronte o traballo que supon a secretaria xeral polo que a asemblea decidiu que o novo comite sexa:

Presentado o novo Sindicato de Ferrol

Onte día 24 de Novembro, constituíase en Ferrol un novo Sindicato adherido á CNT. Despois de 20 anos, a CNT refundase con intención de revivir as loitas do sindicalismo revolucionario.

Desde toda a Confederación enviamos un saudo fraternal e libertario aos novos compañeiros e compañeiras da CNT de Ferrol.

Outro 20-N. Fascismo Nunca Máis.

http://www.cntgaliza.org/files/PICT7990nmnm.JPG
En novembro de 1936, falecía en Madrid Buenaventura Durruti, leonés, internacionalista e sindicalista da CNT. Durruti atopou a morte entres loitaba coa súa coluna contra as forzas do xeneral Francisco Franco apostadas ás portas da capital do Estado Español. Foi un militante da Federación Anarquista Ibérica que coñeceu o cárcere e a tortura urante a etapa republicana, esa época que os pánfilos e oportunistas apresentan como un paraíso.

Nós levamos os mortos. Eles os cartos. Outra morte máis.

O pasado 31 de Outubro o traballador José Manuel Abrodos Castro morreu víctima dun accidente laboral na empresa Mármoles Betanzos,morreu aplastado polo peso de varias planchas de pedra .O traballador de 38 anos de idade deixa muller e un fillo de sete anos;José Manuel ,oficial de segunda encarregado do corte da pedra tiña unha longa experiencia profesional no seu traballo polo que a versión oficial que da a empresa:"despiste","erro humano",etc,non casa moito coa profesionalidade e responsabilidade do posto de traballo que desempeñaba,lembremos que era o encarregado do manexo da ponte grúa.Algo cheira mal neste caso :deficientes medidas de seguridade no amoreamento do material,soportes en mal estado,nunha palabra neglixencia empresarial que acabou coa vida dun excelente compañeiro.

O Concello de Santa Comba recoñece os direitos da compañeira Reyes

Hoxe, martes, día 14, ia-se celebrar nos xulgados de Fontiñas un xuizo contra a Concello de Santa Comba; xuízo que non se chegou a realizar, porque se chegou a un princípio de acordo, no que a empresa recoñecia as demandas da compañeira e a categoria profisional. Esta compañeira contratada na guardaria municipal denunciou o tipo de contrato e as condicións de traballo pola via regulamentar e como consecuéncia comezou a sofrir un sério acoso laboral e persoal.

Acto de homenaxe aos cenetistas asasinados de Cerdedo

Setenta persoas asistiron o pasado domingo, 12 de Novembro, á reinauguración do monumento a duas vítimas do fascismo en Cerdedo, homenaxe levada a cabo pola Asociación Cultural Verbo Xido. Francisco Arca e Secundino Bugallo, así se chamaban. Eran militantes da CNT.

Novo Blog da CNT de Betanzos

Os Compañeiros do Nucleo Confederal da CNT en Betanzos veñen de piblicar un novo blog de noticias:

cntbetanzos.blogspot.com

Continuan as Xornadas Libertarias de Pontevedra

O martes 14 as 20:00 na Galería Sargadelos, na rua da Oliva, coa conferencía do pontevedres Francisco X. Redondo Abal, “Botarse o monte: guerrilleiros na Galiza”.

Desta volta tocalle a memoria historica do noroeste da Peninsula, e será da man de Francisco Xavier Redondo Abal, bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e que ven de publicar o seu libro “Botarse ó monte”, edicións do Castro, 2006.

Número 2 do Xornal Solidariedade Obreira

Xa está na rua o número 2 de Solidariedade Obreira, voceiro da CNT galaica.

Desta volta con interesantes artigos sobre o actual modelo sindical baseado nas eleicións sindicais e o estado de desprotección en que deixan á clase obreira; sobre a situación de nos@s irmás imigrad@s no Estado Español e o papel culpábel do empresariado na sua situación; notícias da Memória Histórica, lembranzas de compañeiros finados, reseñas de libros, saudos a Dona Leonor...

Reinauguracion do Monumento en Pedre

Este Domingo dia 12 as 12 da maña no lugar da Ponte do Barco (Pedre)reinugurase o monumento en homenaxe a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, compañeiros da CNT de Cerdedo, asasinados salvaxemente polas hordas fascistas o dia 12 de Agosto do 1936.