Prensa obreira

Galiza

Adiada a conferencia-debate con José Luis Velasco

Lamentabelmente temos que anunciar que queda adiada a conferencia-debate prevista para iste fin de semana en Cambados e Pontevedra debido a que o ponente, José Luis Velasco, non poderá vir este fin de

Conferencia-debate con José Luis Velasco en Cambados e Pontevedra 25-26 maio

25/05/2013 18:00

cartelO vindeiro sábado 25 de maio terá lugar en Cambados ás 18:00, no Instituto Francisco Asorey, rúa os Caeiros ( http://maps.google.es/maps?daddr=R%C3%BAa+os+Caeiros&hl=es&ie=UTF8&ll=42.508086%2C-8.810483&spn=0.002942%2C0.008245&sll=42.508086%2C-8.811507&sspn=0.002942%2C0.010289&geocode=FbqdiAIdiYx5_w&t=h&gl=es&mra=mr&z=18 ) a conferencia-debate con José Luis Velasco que ten coma título "O capitalismo non está en crise, é así". E o domingo 26 ás 19:00 repetirase a mesma conferencia no salón de actos do edificio de sindicatos en Pontevedra, rúa Pasantería 1.

CHARLA - DEBATE do SOV CNT FERROL

19/05/2013 18:00

CHARLA – DEBATE

O próximo domingo 19 de Maio de 2013, as 18:00h. terá lugar unha
charla - debate a cargo de José Luis Velasco Sanz , Economista e

Este 17 de Maio a CNT de Compostela participa no Bloco Laranja

17/05/2013 11:45

17 maioO reintegracionismo de base estará novamente nas ruas de Compostela, participando na manifestaçom convocada pola Plataforma Queremos Galego, que sairá às 12hs da Alameda. O Bloco Laranja vai dar protagonismo à necessidade de que o galego ganhe peso no ensino, numha estratégia baseada na unidade da língua e no reforço que para o galego supom pertencermos a um espaço lingüístico de dimensom internacional.

Concentración do 14 de maio en Coremain

Na mañá de hoxe, 14 de maio, e dentro do conflicto que CNT Compostela mantén coa alianza para o lucro empresarial Coremain-Vodafone polo acoso e despedimento da secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, compañeiras e compañeiros do sindicato concentrámonos ás portas da devandita empresa.

A corrupción política, a estafa bancaria e o roubo capitalista

17/05/2013 20:00

José Luis Velasco, historiador das doctrinas económicas e economista, fará un repaso da situación actual do capitalismo, das mentiras da crise económica e das alternativas que se poden ofertar: a auto

Concentración no CC As Cancelas, conflicto Coremain-Vodafone

Dentro do conflicto aberto con Coremain e Vodafone polo despedimento ilegal da nosa compañeira, secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, do que estamos informando por diferentes medios á poboación de Compostela, o pasado sábado 11 de maio varias compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos diante do local de Vodafone no centro comercial As Cancelas.

CNT apoia a folga do ensino do 9 de maio

O próximo día 9 de maio hai convocada folga en todos os sectores do ensino en protesta polas decisións do goberno actual, que prexudica claramente o ensino público para favorecer a privada, reducindo ou eliminando as conquistas obtidas neste ámbito pola clase traballadora. Neste contexto de empeoramento continuo e insustentable, CNT secunda as mobilizacións que se realizan contra as decisións gobernamentais, e manifesta o seu apoio a todas as persoas que optan pola loita e abandonan a resignación e a pasividade reinantes.

Resumo do 1º de maio en Galiza

Baixo o lema "Rompamos co seu xogo. Construamos a alternativa" os sindicatos da CNT de Galiza mobilizaronse nas súas respectivas localidades.

O SOV da CNT-AIT de Vigo maniféstase masivamente neste 1º de Maio

A asemblea do SOV vigués decidiu facer unha arriscada aposta manifestándose só (acompañado por diversas plataformas sociais da cidade), xa que o resto dos sindicatos (o mesmo da que sexan os “maiorita

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Maio 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031