Unha vez máis, como todo o mundo agardabamos, o PP ataca cunha batería de recortes aos dereitos da clase traballadora. Desde a CNT levamos unha campaña continua contra toda a serie de recortazos que Rajoy e o PP, igual que antes Zapatero e o PSOE, perpetran contra a clase traballadora. Cremos que é necesaria e urxente a preparación dunha nova folga xeral como resposta contra estes novos recortes e como aviso contra outros que virán (porque virán máis). Seguindo esta campaña, convocamos xunto coa CUT unha concentración de protesta o próximo mércores 18 de Xullo às 20:00 na Praza de Galiza.