Prensa obreira

Eventos

Venres Marzo 16, 2012
Comezo: 16/03/2012 20:00

palestra greve geral

Este venres 16 de Marzo a CNT participará, como organización convocante da folga xeral do próximo 29 de Marzo, dunha mesa redonda con representantes da CIG e CUT, para analizar a nova reforma laboral imposta polo goberno de Rajoy e os motivos que, para alén desta reforma, fan imprenscíndibel secundar esta convocatória por parte do conxunta da clase obreira. A palestra terá lugar na Gentalha do Pichel, Rua de Santa Clara, 21,  o venres 16 de Marzo às oito da tarde.

Sábado Marzo 17, 2012
Comezo: 17/03/2012 17:00

* Sábado 17 de marzo, 17.00 horas, concentración no mercado de Bertamiráns.

Mércores Marzo 21, 2012
Comezo: 21/03/2012 11:30

O vindeiro mércores 21 ás 11:30h, a sección de CNT na Xunta organiza unha nova edición do "Café combativo" en San Caetano, desta volta para facer unha breve aproximación á reforma laboral recén aprobada, facendo especial fincapé no que afecta directamente ao sector público.

Comezo: 21/03/2012 19:00

Dentro da campaña "Nin recortes de dereitos nin reforma laboral" e coa intención de preparármonos ainda máis cara á próxima folga xeral, CNT Compostela convoca a toda sua afiliación e a toda a clase traballadora de Compostela a unha concentración o Mércores 21 de marzo, às 19.00 horas na praza do Toral.

Venres Marzo 23, 2012
Comezo: 23/03/2012 11:30

O vindeiro venres 23 ás 11:30h no salón de actos de sanidade, a sección de CNT na Xunta organiza a primeira edición do "Café combativo" en San Lázaro para facer unha breve aproximación á reforma laboral recén aprobada, facendo especial fincapé no que afecta directamente ao sector público.

Sábado Marzo 24, 2012
Comezo: 24/03/2012 12:00

manifestación reforma laboral 2012 CNT Galiza

Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha série indefinida de recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 24 de Marzo. A manifestación partirá da Alameda às 12:00 (desde o palco da música), para rematar na Praza do Oito de Marzo.

Mércores Marzo 28, 2012
Comezo: 28/03/2012 19:00

palestra allariz folga xeral

 

O vindeiro mércores 28 de Marzo, a partir das 19 horas, Jesús Minguet (CNT-Allariz) e o secretario xeral da CUT intervirán nunha palestra arredor da folga xeral na Casa da Cultura de Allariz.

Mércores Abril 11, 2012
Comezo: 11/04/2012 19:00

Despois do éxito da xornada de folga do pasado 29 de marzo, consideramos importante seguir loitando na rúa na defensa dos nosos dereitos e contra os ataques do estado e do capital.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Marzo 2010 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031