O próximo mércores 14 terá lugar no centro sociocultural
Aurelio Aguirre (praza Aurelio Aguirre,1, en Conxo), ás 20.00 horas, a palestra informativa "A reforma laboral: motivos para unha folga xeral".
Dentro dos preparativos para a folga xeral, na palestra analizaráse a reforma laboral e as súas repercusións como o que é: un dos mais graves ataques contra a clase traballadora e os nosos dereitos conseguidos durante séculos de loita.

A CNT de Compostela chama a todos os traballadores e traballadoras de Compostela a participar nesta Asemblea Aberta o dia 15 de marzo na Praza do Pan (Cervantes) ás 20.00h, asemblea que é impulsada, entre outras organizacións, pola própria CNT.

Este venres 16 de Marzo a CNT participará, como organización convocante da folga xeral do próximo 29 de Marzo, dunha mesa redonda con representantes da CIG e CUT, para analizar a nova reforma laboral imposta polo goberno de Rajoy e os motivos que, para alén desta reforma, fan imprenscíndibel secundar esta convocatória por parte do conxunta da clase obreira. A palestra terá lugar na Gentalha do Pichel, Rua de Santa Clara, 21, o venres 16 de Marzo às oito da tarde.
* Sábado 17 de marzo, 17.00 horas, concentración no mercado de Bertamiráns.
O vindeiro mércores 21 ás 11:30h, a sección de CNT na Xunta organiza unha nova edición do "Café combativo" en San Caetano, desta volta para facer unha breve aproximación á reforma laboral recén aprobada, facendo especial fincapé no que afecta directamente ao sector público.

Dentro da campaña "Nin recortes de dereitos nin reforma laboral" e coa intención de preparármonos ainda máis cara á próxima folga xeral, CNT Compostela convoca a toda sua afiliación e a toda a clase traballadora de Compostela a unha concentración o Mércores 21 de marzo, às 19.00 horas na praza do Toral.
O vindeiro venres 23 ás 11:30h no salón de actos de sanidade, a sección de CNT na Xunta organiza a primeira edición do "Café combativo" en San Lázaro para facer unha breve aproximación á reforma laboral recén aprobada, facendo especial fincapé no que afecta directamente ao sector público.

Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha série indefinida de recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 24 de Marzo. A manifestación partirá da Alameda às 12:00 (desde o palco da música), para rematar na Praza do Oito de Marzo.

O vindeiro mércores 28 de Marzo, a partir das 19 horas, Jesús Minguet (CNT-Allariz) e o secretario xeral da CUT intervirán nunha palestra arredor da folga xeral na Casa da Cultura de Allariz.







