Desde a sección de ensino de compostela chamamos a todo o profesorado a secundar a xornada de folga convocada para este mércores 21 de setembro, así como a participar na manifestación unitaria que se celebrará en Compostela partindo da alameda ás 11:30 da mañá.
O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol convoca unha concentración o vindeiro xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, na praza de Armas, baixo o lema "A loita está na rúa: cara á folga xeral".
Un ano despois da folga xeral do 29 de setembro de 2010, a clase traballadora continúa a padecer novas e gravísimas agresións, polo que consideramos que tamén continúa sendo necesaria unha resposta organizada da clase traballadora. Se as obreiras e os obreiros non son quen de facer efectiva a súa protesta, van continuar as políticas de recortes e a perda de dereitos, artellada conxuntamente por gobernos e institucións europeas, que cada vez máis están ao servizo da patronal e dos mercados.







