O vindeiro Xoves 5 de Maio, Javier Couso, irmán do xornalista asasinado hai oito anos polo exército norteamericano e destacado militante da CNT, dará unha palestra no local da CNT, na que, baixo o título O caso Couso. Oito anos buscando xustiza nos comentará as últimas novidades xudiciais sobre este caso e ilustrará-nos sobre o control da información en tempo de guerra e sobre a importancia e relevancia das infiltracións de wikileaks.
Desde a Sección Sindical da CNT en Coremain convocamos unha reunión aberta de traballadores e traballadoras para valorar se é preciso un acordo de mellora como o que nos propoñen a empresa e o Comité de empresa e en que consistiría e cais serían as nosas propostas en caso de que os traballadores e as traballodoras entendamos que é necesário. A reunión terá lugar o luns dia 30 de Maio, as 20:00, no local da CNT, na Rua Garcia Prieto, 24-28, de Compostela.







