No proceso do conflito que a CNT desenvolve contra a empresa pública SEAGA, foi lanzada unha convocatoria de folga para o pasado dia 11 deste mes. Entendendo a especial delicadeza dun sector como é a extinción de incendios forestais, a CNT non quixera ter que recorrer a esta medida sen esgotar todas os intentos de chegar a un acordo. É por isto que a CNT desconvocou a folga para o dia 11 de setembro, ao tempo que anuncia a convocatoria dunha nova xornada de folga o dia 25 deste mesmo mes e a celebración dunha manifestación que percorrerá Compostela desde a Alameda até San Caetano o mesmo sábado 25 ás 12:00 horas.