A Federación Local da CNT de Ferrol continúa a súa campaña a prol da folga xeral do 29 de setembro. Nesta semán organiza unha serie de charlas informativas na bisbarra para analizar as consecuencias da reforma laboral e dos recortes sociais, e para presentar a posición do sindicato sobre a folga xeral.
Un novo acto público organizado pola CNT de Compostela para denunciar os atropellos desta nova reforma laboral. Desta volta concentrarémonos este 16 de setembro na Praza de Galicia ás 19h.
A Federación Local da CNT de Ferrol continúa a súa campaña a prol da folga xeral do 29 de setembro. Nesta semán organiza unha serie de charlas informativas na bisbarra para analizar as consecuencias da reforma laboral e dos recortes sociais, e para presentar a posición do sindicato sobre a folga xeral.
Un novo acto público organizado pola CNT de Compostela para denunciar os atropellos desta nova reforma laboral. Desta volta concentrarémonos este xoves 23 de setembro no Polígono do Tambre ás 19:00h.
No proceso do conflito que a CNT desenvolve contra a empresa pública SEAGA, foi lanzada unha convocatoria de folga para o pasado dia 11 deste mes. Entendendo a especial delicadeza dun sector como é a extinción de incendios forestais, a CNT non quixera ter que recorrer a esta medida sen esgotar todas os intentos de chegar a un acordo. É por isto que a CNT desconvocou a folga para o dia 11 de setembro, ao tempo que anuncia a convocatoria dunha nova xornada de folga o dia 25 deste mesmo mes e a celebración dunha manifestación que percorrerá Compostela desde a Alameda até San Caetano o mesmo sábado 25 ás 12:00 horas.
Un novo acto público organizado pola CNT de Compostela para denunciar os atropellos desta nova reforma laboral. Desta volta concentrarémonos este sábado 25 de setembro na Praza do Concello ás 18:00h.

Desde a CNT de Compostela chamamos a todos os traballadores e traballadoras a non acudir ao seu posto de traballo na xornada de folga xeral convocada para o dia de mañá. Mas chamamos a non ficar nese cómodo facto de non ir traballar. Chamamos a todos os traballadores e traballadoras de Compostela a acudir à manifestación convocada para às 12:30 na Praza Roxa. Chamamos a todos e todas a participar dos piquetes de feche de empresas, comércios e fábricar para garantir o noso direito de folga e impedir a indigna opción de garantir o direito ao traballo, é dicer, a esquirolaxe.







