Prensa obreira

Contra os despedimentos na Xunta de Galicia

Concentración contra os despedimentos nas subcontratas da Xunta de Galicia (Ferrol)

Dentro da campaña iniciada pola Confederación Galaica da CNT, contra os despedimentos nas subcontratas da Xunta de Galicia, a CNT de Ferrol vai celebrar unha concentración no Edificio Administrativo da Xunta (Praza Camilo José Cela), ás 19:00 horas do mércores 23 de febreiro de 2011.

Concentración contra os despedimentos nas subcontratas da Xunta

concentración na Xunta

Unha ducia de militantes do anarco-sindicato compostelano concentráronse esta mañá ás portas do edificio administrativo de San Caetano como parte da actual campaña contra a subcontratación ilegal na xunta de Galicia. A concentración tiña como propósito visibilizar a precarización, abuso e despedimento que a cotío sofren os empregados/as das subcontratas da Xunta que non fan máis que servir de vivo exemplo de como se privatiza o traballo público.

Un novo caso de cesión ilegal entre a Xunta e TRAGSATEC

Esta semana pasada atopámonos cunha grande sorpresa: Outro caso de cesión ilegal na Xunta da Galiza, e por medio de quen esta vez?
Da empresa TRAGSATEC xa coñecida por outros casos similares.

A Xunta despide a través de TRAGSATEC a dous informáticos da CNT

tragsatec

 

A xunta volta despedir a máis traballadores mediante outras empresas, neste caso o verdugo foi o grupo TRAGSA e TRAGSATEC, co resultado de que dous informáticos máis están na rua despois de reivindicar os seus direitos.

Concentración pola readmisión dos despedidos en Tecnocom

Na tarde de onte, luns 20 de Decembro, un piquete da CNT concentraba-se nas portas da sede que a empresa Tecnocom ten no Polígono do Tambre. A concentración reclamaba a readmisión dos dous compañeiros despedidos pola empresa e a Xunta por ter denunciado a sua situación de traballadores cedidos ilegalmente, pois durante anos realizaron tarefas para a Xunta de Galicia mas contratados por Tecnocom.

Contra os despedimentos na Xunta de Galicia

despedimentos xunta

 

Desde a CNT de Compostela damos início a unha campaña de denúncia das condicións de contratación que se dan na Xunta de Galicia. Despois de vários despedimentos en diferentes consellerias, a CNT non permaneceremos en siléncio, senon que damos início a esta campaña contra a subcontratación e a explotación laboral na administración, campaña que culminará cunha manifestación en Compostela o vindeiro dia 12 de Febreiro de 2011.

Campaña contra a contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia

cesion ilegal xunta CNTA contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia é unha práctica dolorosamente habitual. @s traballador@s que ocupan postos de traballo nas diferentes consellarias da Xunta subcontratadas por empresas privadas contan-se por milleiros. Isto constitue unha ilegalidade manifesta à vez que un despilfarro escandoloso dos cartos públicos. A Xunta prefire subcontratar servizos básicos antes do que sacar ofertas de emprego público, prefire favorecer às empresas con contratos que multiplican en muito os salários d@s traballador@s directos da Xunta, e que precarizan as condicións de traballo, cando non botan man de autónom@s obrigatóri@s.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Agosto 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031