Prensa obreira

Contra os despedimentos na Xunta de Galicia

Xunta e Tragsatec: un novo caso de cesión ilegal de traballadores.

tragsatecEn Xaneiro de 2011 desde a CNT de Compostela informabamos do despedimento de dous compañeiros informáticos por parte Consellaria de Medio Ambiente, despois de cinco anos traballando para a Xunta a través do grupo Tragsatec, con unha lista interminábel de contratos de servizo determinado (casualmente sempre o mesmo servizo). Un ano antes reclamaran a situación de cesión ilegal. Finalmente ten recaido sentenza xudicial que declara a existéncia de cesión ilegal de traballadores tal e como demandaran os nosos compañeiros, e da mesma maneira que desde a CNT levamos denunciando tantos casos que habitualmente acontecen na Xunta de Galicia.

Declarado nulo o despedimento de dous compañeiros por parte Tecnocom.

O pasado mércores 4 de maio celebrou-se o xuízo polos despedimentos que a Xunta de Galicia realizou a través de Tecnocom de dous compañeiros da CNT. A sentenza recoñece a nulidade do mesmo e obriga á empresa a readmití-los de xeito inmediato. Este proceso segue aberto á espera de que se decida a existéncia de cesión ilegal de traballadores demandada  polos compañeiros en Setembro do 2009.

Accións de solidariedade en León e Jaén

leon tragsa CNT

Esta semana tiveron lugar dous actos máis exixindo a readmisión dos compañeiros informáticos despedidos en Compostela polas empresas Tragsa e Tecnocom, subcontratadas para traballos na Xunta de Galicia.

Na rúa contra a subcontratación na Xunta.

 

Arredor de cen traballadoras e traballadores convocadas pola CNT saímos á rúa este 26 de marzo en Compostela para denunciar cesión ilegal de traballadores na administración en favor de empresas privadas, así como prácticas de acoso e despedimento.

Aínda que o tempo non acompañou, a manifestación comezou ás doce do mediodía na Praza Roxa de Compostela e rematou na Praza de Cervantes coa intervención dun dos despedidos e do secretario xeral da CNT compostelá.

Concentracións en solidariedade cos despedimentos na Xunta de Galiza

cesion ilegal

 

Esta semana a CNT de Coruña e Madrid realizaron actos de solidariedade cos compañeiros despedidos pola Xunta de Galiza a través das empresas Tecnocom e Tragsa. 

Os compañeiros da Coruña fixeron o xoves 24 unha concentración diante da sede de NovaCaixaGalicia na Avenida da Marina durante o trascurso dun evento comercial de Tecnocom.

Manifestación 26M: STOP despedimentos STOP privatización na Xunta de Galicia

26/03/2011 12:00

manifestación

 

A CNT  de Compostela continuamos coa nosa campaña de denúncia da subcontratación ilegal por parte da Xunta de Galicia e contra a sua práctica de acoso e despedimento dos traballadores e traballadoras que denúncian está situación. Desde a CNT convocamos a todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia, e en xeral a todos os traballadores e viciños de Compostela a asistir à manifestación que terá lugar o próximo sábado 26 de Marzo na cidade de Compostela. A manifestación partirá às doce do mediodia desde a Praza Roxa de Compostela e rematará na Praza de Cervantes cun mitin a cargo dun dos traballadores despedidos pola Xunta por ter denunciado a sua situación ilegal e Pablo Paz, Secretário Xeral da Federación Local de Compostela.

Reunión informativa subcontratad@s na Xunta

16/03/2011 20:00

Non máis despedimentos na Xunta de Galiza

 

Infórmate dos teus dereitos como subcontratad@ da Xunta.
Entérate dos mecanismos de privatización da Administración Pública.

Vémonos este mércores 16 ás 20h. no local da CNT-Compostela.

Concentracións na Galiza contra os despedimentos nas subcontratas da Xunta

concentarcion xunta compostela

 

Este martes 23 de Febreiro a CNT da Galiza saiu à rua a reclamar o fin das subcontratacións ilegais que practica abundantemente a Xunta de Galiza en todas as suas consellarias, e mais a inmediata readmisión nos seus postos de traballo dos traballadores afiliados à CNT subcontratados durante anos nas empresas Tecnocom e Tragsatec recentemente despedidos por denunciar a situación de cesión ilegal na que se atopaban. Celebraron-se concentracións nos edifícios centrais da Xunta de San Caetano (Compostela) e nas delegacións de Monelos na Coruña, de Ferrol e Vigo.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Xaneiro 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031