Enquisa HostaleríaDigna

Coruña

700 despidos en Jazztel

Jazztel despide mási de 700 traballadores e traballadoras da plataforma da Coruña, que se suman a case 200 máis das contratas desta empresa en Madrid.

Como está a ocorrir con outras empresas de telemárketin, Jazztel está a "deslocalizar" os seus servizos, neste caso levando os postos de traballo a Córdoba (Arxentina), onde os novos traballadores arxentinos van cobrar perto de 200 euros, unha cuarta parte do que pagan na Coruña.

MAFECO : O capitalismo non ten fronteira nen medida

En contra do que cren a maioria dos traballadores e traballadoras, o capitalismo está para repartir dividendos, non para facer obra social. Isto descubriron-no ao seu pesar as traballadoras de MAFECO, empresa téxtil da Coruña que quere mover as súas instalacións a paises con man de obra ainda máis barata que a nosa.

Homenaxe na Silva

Celebrou-se o 15 de xuño unha homenaxe aos homes e mulleres da Silva, aldea a carón da Coruña coñecida pola sua combatividade social nos anos da república, e que sufriu consecuentemente unha durísima represión, dirixida contra os grupos e ateneus anarquistas e comunistas e contra calquera que tivera a máis remota conexión con eles. A homenaxe foi organizada pola COmisión pola Recuperación da Memória Histórica da Coruña, e contou coa participación de Eliseo Fernández, membro da CNT.

Novo horário

Mudamos, de cara ao verán, o horário de abertura do noso local sindical. Agora podes-nos atopar martes e venres de 19:00 a 21:00.

Na construcción: uns forran-se e outros son forrados

Compañeiros, co destallo estamos a conseguir pan para hoxe e fame para mañá. Noutras palabras, máis precariedade laboral. Ós sindicatos (CCOO, UGT e CIG) cada día se lles ve máis o plumeiro, xa que este ano os que traballamos por un salario teremos que amañarnos co mesmo, ou menos, que o do ano pasado (UNHA SUBA DUN 2% É UNHA BAIXADA, PORQUE OS PREZOS SUBIRON MOITO MÁIS QUE O DOBRE).

Nós tamén odiamos “O Código Da Vinci”

Mentres o autor da novela e os productores da película andan a forrar a carteira, a Igrexa católica anda a chorar polas esquinas polo inxusto tratamento recibido e, polo tanto, nós temos que sufrir unha vez máis nas tertúlias da rádio aos defensores da fé católica demostrando o bós que son eles e o malvados que son os demais.

Contra o racismo, adopción masiva

Un alemán refuxiado no Paraguay atopou un bó sistema para que os paises ricos afrouxen un pouco os cartos onde fan falla. Jürgen Hass leva adoptados máis de mil nenos e nenas en todo o mundo desde o ano 2003, forzando así que o governo alemán lle entregara máis de tres millóns de euros, a razón de 500 euros por rapaz ou rapaza, como axuda a cada neno alemán que circula polo mundo. Como o pai é alemán, o neno tamén o é, así que o estado non ten máis remédio que pagar... O estado alemán está estudando reformas legais para impedir que Jürger chegue á sua proxectada cifra de un millón de adopcións, que darían dereito aos cativos a estabelecer-se, estudar e conseguir un traballo en calquer pais da Unión Europea, ademais de disfrutar da paga mensual.

Concentracions en solidariedade traballadoras en folga de Mercadona

A CNT convocou a movilizar-se o pasado sábado dia 8 de Abril con concentracións e accións contra Mercadona en todo o estado en solidariedade cos nosos compañeiros e compañeiras