Prensa obreira

Coremain

CNT acorda con Coremain tras demanda de cesión ilegal

Sección Coremain

  • Coremain recoñece o total da antigüidade ao traballador.
  • A cesión ilegal de traballadores é unha práctica habitual, pero ilegal, no sector informático que favorece á súa precarización.

A poucos días para a celebración do xuízo no que un traballador demandaba a Coremain e Zemsania por cesión ilegal de traballadores, a empresa Coremain ofrece un acordo beneficioso para o afiliado á CNT que inclúe todo o que se poderían ter acadado unha vez celebrado o xuízo. O traballador xa tiña sido contratado de forma indefinida pero aínda faltaba que se lle recoñecera a antigüidade, que agora se incluiu no acordo.

Desde a CNT recórdase que "no sector da informática é práctica habitual a subcontratación ilegal tal como fai na maioría dos casos empresas como Zemsania"  e anímase a "denunciar sempre este tipo de conductas empresarias que o único que conseguen é precarizar o sector"

Coremain recoñece a maior parte das demandas da CNT

No mes de Outubro a CNT demandaba a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores, reclamando desta maneira a conversión en traballador indefinido en Coremain dun compañeiro que prestaba servizos en Zemsania cun contrato de obra. Finalmente, Coremain aceptou as demandas da CNT e formalizou a contratación de maneira indefinida deste compañeiro en Coremain, o que significa un recoñecemento tácito da existencia da cesión ilegal, práctica común de contratación levada a cabo por estas empresas para manter en situación de precariedade aos seus traballadores e traballadoras.

Ante as irregularidades na contratación en Zemsania e Coremain

Recentemente a CNT ven de demandar ás empresas Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores e por fraude na contratación.

A maior parte dos contratos que realizan estas empresas supoñen unha vulneración dos nosos dereitos laborais, pois estes acóllense á modalidade de contratos por obra ou servizo cando na realidade son contratos indefinidos. Os contratos de obra ou servizo só poden realizarse cando se trate de traballos concretos determinados con autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa, polo que non poden realizarse para cubrir a actividade normal e permanente da empresa. Sen embargo nós realizamos traballos en diversos proxectos de maneira permanente. Polo tanto, estes contratos por obra ou servizo deben converterse en indefinidos.

CNT denuncia a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores

A CNT ven de denunciar a Coremain e a Zemsania por cesión ilegal de traballadores.

No caso denunciado o compañeiro, contratado oficialmente por Zemsania, desenvolve todas as actividades do seu traballo nas oficinas de Coremain. Ademáis recibe ordes de Coremain, usa o material proporcionado por estes e mesmo o seu correo electrónico do traballo pertence a Coremain.

Finalizado o conflito por despedimento en Coremain

Desde a CNT damos por rematado o conflito que mantiñamos coa empresa Coremain debido ao despedimento da secretaria de organización da sección sindical da CNT na empresa.

Logo dunha intensa campaña baseada na acción directa, o sindicato chegou a un acordo coa empresa, debido ao desexo da traballadora de non se reincorporar a unha empresa que durante meses a tiña explotado e acosado.

Concentración do 11 de xuño ás portas de Coremain

O pasado 11 de xuño, compañeiros da CNT concentrámonos ás mesmas portas de Coremain para esixir a inmediata readmisión da compañeira despedida.

Pouco despois de despregar unha faixa e empezar a informar polo megáfono comezaron as mostras de nerviosismo na entrada da oficina.

Continúan as mostras de solidariedade coa sec. sindical de CNT en Coremain

Valladolid, Elche, Vigo... Continúan as mostras de solidariedade coa sección de CNT en Coremain polo inxusto despedimento, por parte de Coremain e Vodafone, da compañeira secretaria de organización.

CNT Vigo solidarízase coa sección de CNT en Coremain

A sección sindical de CNT en Coremain sigue recibindo mostras de apoio e solidariedade coa compañeira inxustamente despedida por Coremain e Vodafone. Esta vez son as compañeiras e os compañeiros de CNT Vigo.

CNT Elche solidarízase coa sección de CNT en Coremain

Na mañá do día 28 de maio, un grupo de afiliados da CNT de Elche levou a cabo unha concentración diante dun dos establecementos que Vodafone ten na súa cidade en solidariedade coa compañeira da sección sindical de CNT en Coremain, despedida ilegal e conxuntamente por Coremain e Vodafone.

Pasarrúas conflicto Coremain-Vodafone en Compostela: readmisión compañeira despedida!

Dentro do conflicto sindical aberto contra Coremain e Vodafone, empresas responsables, as dúas, do acoso contra a lexítima actividade sindical que derivou no despedimento da compañeira secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, o pasado 28 de maio tivo lugar un pasarrúas polos locales de Vodafone en Compostela.