Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Compostela

XIV Jornadas Libertárias do 20 ao 24-N em Compostela

Cartaz das XIV Jornadas Libertárias

Entre os días 20 e 24 de Novembro, a CNT de Compostela celebrará as "XIV Jornadas Libertárias", sob o lema "Guerra de Classe". Catorce anos celebrando esta xuntanza sen pedir nunca unha subvención a nengunha institución, universidade, concello, deputación ou instituto. Pensamos que así é como se deben facer as cousas. Sen depender de ninguén. Para poder dicer o que nos pete.

O Concello de Santa Comba recoñece os direitos da compañeira Reyes

Hoxe, martes, día 14, ia-se celebrar nos xulgados de Fontiñas un xuizo contra a Concello de Santa Comba; xuízo que non se chegou a realizar, porque se chegou a un princípio de acordo, no que a empresa recoñecia as demandas da compañeira e a categoria profisional. Esta compañeira contratada na guardaria municipal denunciou o tipo de contrato e as condicións de traballo pola via regulamentar e como consecuéncia comezou a sofrir un sério acoso laboral e persoal.

Acto de homenaxe aos cenetistas asasinados de Cerdedo

Setenta persoas asistiron o pasado domingo, 12 de Novembro, á reinauguración do monumento a duas vítimas do fascismo en Cerdedo, homenaxe levada a cabo pola Asociación Cultural Verbo Xido. Francisco Arca e Secundino Bugallo, así se chamaban. Eran militantes da CNT.

A taxa de desemprego xuvenil aumenta sen freio no mundo

http://www.cntgaliza.org/files/inem.jpg
O desemprego xuvenil chega ao 13,5% no mundo, e o 25% dos xovens que traballan no mundo viven por baixo do umbral da pobreza (ou sexa menos de 3€ diários)..

A APPO de Oaxaca chama á solidariedade internacional

http://www.cntgaliza.org/files/mexicoblo.gif Sobradamente coñecida é a situación da revolta popular en Oaxaca estes dias, duramente reprimida polas forzas policiais e militares mexicanas. Desde a CNT non podemos senón mandar todo o noso apóio a nos@s irmás proletári@s que con tanta dignidade enfrentan o Estado na procura dun mundo máis libre e xusto para tod@s.

Benalup-Casas Viejas. O negócio da "memória"

http://www.cntgaliza.org/files/casasviejasdos.jpg No verán de 2005, o alcalde Benalup-Casas Viejas e Presidente da Deputación Provincial de Cádiz, Francisco González Cabaña, e o promotor do entón Hotel Libertaria, Miguel Ángel Fernández, apresentaron un hotel chamado “Libertaria”, subvencionado con fondos Leader, que ía ocupar entre outros o solar onde, en Xaneiro de 1933, foron asesinados 22 traballadores e traballadoras anarquistas e anarcosindicalistas, veciños de Casa Viejas. Hai que decatar-se que esa matanza se fixo baixo o réximen republicano que con tanto papanatismo andan reivindicando os restos do comunismo en despedida.

Chove sobre mollado en Fonseca

A Sección Sindical da CNT na Universidade de Santiago de Compostela quere denunciar e poñer en coñecemento da opinión pública o estado lamentábel no que se atopa a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Desde que comezou este temporal, o piso superior do claustro do Pazo de Fonseca oferece un aspecto impresentábel con várias goteiras distribuídas aleatoriamente e os seus correspondentes cubos para recoller a auga. Esta situación ven-se repetindo cada vez que chove de máis e zoa o vento en demasía sen que as autoridades académicas, estas e as anteriores, amosaran algo máis que incompeténcia para amañar o tellado.

5 compañeir@s de CNT denunciad@s por Mercadona na Galiza

http://www.cntgaliza.org/files/mercadonacarballo.jpg

O 20 de Maio pasado, a CNT fixo unha concentración no estabelecemento que a empresa Mercadona ten na localidade coruñesa de Carballo para denunciar a política de persoal que pratica Mercadona e en solidariedade cos compañeiros folguistas do centro loxístico de Sant Sadurní D´Anoia. A concentración foi de todo ponto pacífica, sen problemas, cunha faixa despregada e os berros emitidos polo megáfono. Repartiron-se panfletos, colaron-se pegatas e apareceu a Guarda Cerril pedindo papelas e laiando-se de que non podian “montar secciones sindicales” no corpo (meus pobres amigos represores!!).

Solidariedade co compañeiro despedido en REPASA

Como xa se anunciou nunha notícia anterior, o delegado sindical da CNT na empresa REPASA de Tarragona, e afiliado a este sindicato de Compostela, foi despedido por exixir os seus dereitos como trabal

Despido do delegado sindical da CNT en REPASA: Remolcadores de Puerto y Altura SA.

Desde a Federación Local de Compostela da CNT (Confederación Nacional do Traballo) denunciamos o despido do delegado da sección sindical da CNT na empresa REPASA, Remolcadores de Puerto y Altura SA