Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

A USC, Prosegur e as manobras do falso sindicalismo

http://www.cntgaliza.org/files/pro.jpg O conflito aberto na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa de seguridade privada PROSEGUR tivo onte un novo episódio con feche de liberados sindicais de vários sindicatos na casa da balconada para reclamar que e empresa PROSEGUR poida continuar disfrutando de benefícios a costa do erário público e para que se manteñan os altos salários dos directivos da devandita empresa que, lembremos, está vencellada estreitamente coa família do ex-ministro de Interior, Jaime Mayor Oreja.

Organizar-se sen representantes

http://www.cntgaliza.org/files/180px-Abstencion.jpg O calendário eleitoral dos profesionais do sindicalismo de Estado vai-se consumando e na maioria de empresas xa se celebrou o “rito democrático” que cada catro anos trasmuda o desencanto en representatividade sindical sen novidades significativas, como era de aguardar.

En apoio do investigador Dionísio Pereira

O 12 de agosto de 2006, Verbo Xido, Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes, organizou unhas xornadas de recuperación de Memoria. Falaron varias asociacións, presentouse un libro de Dionisio Pereira, organizaron unha rota por lugares da represión, e descubriuse unha placa, colocada sobre unha fermosa pedra labrada por canteiro local, na memoria de dous homes, Francisco Arca e Secundino Bugallo, canteiros e da CNT, torturados e asasinados o 13 de agosto de 1936 nunha cuneta de Pedre.

SOS-Courel

http://www.cntgaliza.org/files/o_courel_19.jpg Facemo-nos eco das denúncias que a organización SOS-Courel está a levar a cabo ante a posíbel declaración da zona como Parque Natural.

En lembranza de Manuel Díaz Moreno "Talache"

Queremos lembrar ao compañeiro Talache, falecido hai dous anos na Coruña.

Na maior das discrecións, como viviu toda a vida, finou o pasado mes de agosto o vello compañeiro Manuel Díaz Moreno "Talache", militante da CNT da Coruña. En poucos meses perdéronse dúas testemuñas do que foi o vizoso anarquismo coruñés dos anos da II República, xa que recentemente faleceu tamén Antón Patiño Regueira, autor do imprescindible libro "Memoria de Ferro".

O que custa a seguridade privada na USC

A privatización galopante de servizos públicos e a criazón de novos servizos pola vía de empresas concesionárias, é un camiño para que unha xeira de empresas tiren balances bonitos, repartan cartos entre os accionistas e disfruten os altos directivos de salários de ensoño.

Fora a seguridade privada da USC

Algúns non lembran pero desde hai máis de 20 anos a USC ten contratado un servizo de vixiláncia privada que hoxe quere reducir

Alguén ten idea do que custa cada ano o servizo de vixiláncia privada?

Traballadoras da limpeza en folga.

No Concello de Santiago pódense diferenciar dúas clases de contratación do persoal de limpeza. As que pertencen ó concello e as que pertencen a unha empresa adxudicataria. Ámbalas dúas clases realizan as mesmas tarefas coas mesmas obrigas e responsabilidades pero con diferentes dereitos laborais. o 95% das traballadoras da empresa concesionaria á que pertencemos, temos contratos a tempo parcial que van de unha a tres horas e media de xornada diaria.

Non son traballadores, son represores!

http://www.cntgaliza.org/files/seguretas_0.jpg Onte os guardas de seguridade da USC, da empresa Prosegur, realizaban unha concentración diante do reitorado para exixir que se conserven a totalidade dos seus "postos de traballo", pois ao parecer no novo concerto que asine a universidade estes reduciran-se á metade.

Projecção do filme Granados e Delgado: um crime legal

Filme Granado e DelgadosA projecção terá lugar a prôxima quarta feira (mércores) 31 de Janeiro, às oito da tarde, nos locais da CNT de Compostela (Rua Garcia Prieto, 24-28)