Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

IV Semana de Cinema Anarquista

A IV Semana de Cinema Anarquista celebrarase na sala Yago de Compostela do 2 ao 6 de maio, proxectandose as seguintes películas:

Queridísimos verdugos

Director: Basilio Martín Patino

Solidariedade en Barcelona coa despedida en Pizza Móvil (Compostela)

http://www.cntgaliza.org/files/pizza.jpg

O venres dia 20 un piquete da CNT de Barcelona trasladou-se até un establecemento de Pizza-Móvil, onde se volveu informar do conflito co dita empresa tralo despedimento dunha compañeira e a represión sindical ao conxunto de traballador@s.

1º Maio en Compostela

A CNT de Compostela celebrará o 1º de Maio cun mitin na Sala Yago às 12'30 e posterior manifestación às 13'30, que sairá da mesma Sala Yago.

Desde o ao 2006, as condicións laborais empioraron na comarca de Santiago e mesmo na cidade de Compostela. Cada vez máis, cada ano máis, a precariedade laboral entre a xente moza é norma común, é o habitual nos novos modelos de contratación laboral que consagrou a Reforma Laboral que impulsou o governo de Zapatero e que con docilidade canina impulsa o governo de Progreso que ocupa hoxe as poltronas da Xunta de Galicia.

Acto en solidariedade co compañeiro despedido en Mercadona (Vilalba)

http://www.cntgaliza.org/files/P1000073.jpg

Onte, día 19 de abril, a CNT de Compostela realizou unha concentración ás portas do establecemento que Mercadona ten na localidade coruñesa de Ames e que precisamente onte foi inagurado. Cunha faixa alusiva ao despido do compañeiro de Mercadona de Vilalba (Lugo), bandeiras da CNT e panfletos que informaban sobre as prácticas anti-sindicais que Mercadona desenvolve e daban conta das diferentes sentencias en contra de Mercadona, un grupo de mulleres e homes da CNT guindamo-nos ás portas do local durante case dúas horas.

II Semana da Educación Crítica

A CNT participará na II Semana da Educación Crítica que entre os dias 16 e 20 de Abril organiza a Asemblea da Educación Crítica nas faculdades de Maxistério e Pedagoxia.

A CNT estará presente nunha mesa redonda que, baixo o título “Informar-se para combater. Meios de comunicación alternativos” analizará a información alternativa e a forma de articula-la desde a prática da autoxestión. Será o xoves dia 20, ás 19:00 na Faculdade de Pedagogia, e contará tamén coa presenza de membr@s de Novas da Galiza, Estaleiro Editora e Rádio Kalimera.

Pola readmisión da despedida no Pizza Móvil de Compostela

http://www.cntgaliza.org/files/P1000062.JPG
O pasado xoves dia 12 de Abril, celebraba-se no SMAC o acto de conciliación entre a empresa Pizza Móvil e a nosa compañeira M.C., despedida pola sua actividade anarcosindialista. A empresa negou-se a aceitar as xustas demandas da traballadora (readmisión inmediata e cese da persecución á afiliación da CNT), coa prepoténcia típica deste tipo de empresas escravistas. Pola nosa parte, se Pizza Móvil quere conflito, daremos-llo.

Concentración no 4º cabodano do asasinato de José Couso

http://www.cntgaliza.org/files/couso.jpg
Este xoves dia 12 de Abril de 2007, a CNT convoca na Praza Roxa de Compostela, às 20 horas, unha concentración en lembranza do asasinato de José Couso e contra a ocupación do Iraque, exixindo responsabilidades aos governantes que provocaron este xenocídio.

Concentracións pola readmisión da despedida en Pizza Móvil

http://www.cntgaliza.org/files/P1000019.JPG
Continuando coa campaña que a CNT estamos desenvolvendo para exixir a readmisión da nosa compañeira despedida en Pizza Móvil, onte mércores concentrabamo-nos novamente na porta dos establecementos que esta empresa ten na Rua de Orfas e na Praza de Vigo.

Celebración de San Precario

Hoxe 30 de marzo de 2007 a Sección Sindical do Siega (Informática da Consellería de Educación) festexa o día de San P

Xornada de folga no Sergas

Dende a CNT de Santiago solidarizamonos co persoal do Sergas de toda Galicia que se manifestaba hoxe en Compostela, como complemento á xornada de folga, para reclamar unha carreira profesional digna.