Prensa obreira

Compostela

Informático da Xunta readmitido

  • amtegaTras pedir a execución de sentenza do TSXG o compañeiro é por fin readmitido
  • A Xunta deberá aboar os salarios íntegros ao compañeiro segundo recolle tamén a sentenza.
  • Xeraronse dúas prazas públicas de nivel 25 onde antes había un subcontratado precario

O compañeiro de CNT, traballador informático da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia foi despedido en xuño de 2014 tras ser ocupada a súa praza no concurso de traslados. Tras ser denunciado o despido o traballador obtivo sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en maio de 2015 que declara nulidade do despido e condena á Xunta a readmitilo de inmediato.

CNT demanda ao Concello de Moaña

concello moaña

  • Reclámase indefinición no contrato dunha traballadora
  • Demándase tamén a súa reclasificación profesional e as correspondentes diferencias salariais

Traballadora laboral do concello de Moaña presenta reclamación previa á demanda xudicial contra o Concello por fraude na contratación reclamando a indefinición do seu contrato.

A traballadora ven traballando como persoal laboral temporal no concello desde que en 2008 aprobara concurso-oposición. Sendo o seu contrato renovado ano a ano polos distintos governos do Concello de Moaña.

Novas demandas por discriminación contra Médicos Sin Fronteras

  • O compañeiros estranxeiros que veñen de obter sentenza que condenaba a MSF por discriminación, levarán de novo a xuizo á ONG por impedir a renovación do seu permiso de residencia
  • Médicos Sin Fronteras continúa as represalias contra os traballadores/as que protestan

MSF discrimina

O compañeiro e compañeira estranxeiros xa presentaran demanda pola discriminación por razón de nacionalidade que sufrian en Médicos Sin Fronteras. O mes pasado, a xustiza condenou a MSF por discriminación e obrigou á ONG a tratar ao compañeiro e compañeira estranxeiros como ao resto dos traballadores/as de captación de persoas socias, polo que os seus contratos de traballo foron cambiados por MSF a indefinidos como se indicaba na sentenza do xulgado.

Nembargante, MSF continúa na súa actitude discriminatoria ao dilatar intencionadamente os trámites administrativos de este compañeiro e compañeira a fin de impedir a renovación do seu permiso de residencia, o que constitúe un serio agravante da súa situación profesional e persoal. Isto levará novamente aos xulgados a Médicos Sin Fronteras tras a presentación das correspondentes demandas por seren discriminados de novo estes dous traballadores de CNT.

Piquete na oficina de MSF en protesta polo despido dun traballador

A CNT concentrouse este mércores na oficina de Médicos Sin Fronteras en Compostela para reivindicar de novo a readmision do afiliado traballador da captación de MSF pertenece ao equipo da Coruña. O traballadorprotesta contra msf en compostela foi despedido disciplinariamente o mes pasado tras ser acusado pola ONG de "crear mal ambiente de traballo" o que a todas luces encubre un acto de represión sindical por parte de Médicos Sin Fronteras.

O piquete desenvolveuse durante máis dunha hora co habitual reparto de centos de panfletos ao tempo que se informaba polo megáfono das lamentables prácticas laborais na ONG Médicos Sin Fronteras, centrándose nesta volta, no despido do compañeiro pero sen esquecer nin as recentes condenas xudiciais a MSF por discriminación a un compañeiro e unha compañeira estranxeiros e por modificación substancial das condicións de traballo do persoal de captación nin o conflicto colectivo e o medio cento de denuncias que MSF que se acumulan nos xulgados pola abusiva claúsula de rendemento que sofren os traballadores e traballadoras da ONG.

UGT e CIG cómplices de MSF

Desde a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras denunciamos públicamente a complicidade que manteñen as dúas delegadas e o delegado de persoal, pertencentes aos sindicatos CIG e UGT, coas políticas laborais abusivas e precarias da empresa.

O apoio incondicional das e do respresentante do persoal de CIG e UGT xa non é nin disimulado. Na última acta enviada ao plantel explican como MSF non foi condenada por discriminación así como que a xuíza desestimou calquera indemnización por danos morais, mantendo así a versión “oficial” da empresa, como expresan na acta da reunión de delegados/as de persoal do pasado 23 de xuño:

"tratando la sentencia judicial de discriminación por nacionalidad que fue admitida parcialmente por el juez, por lo cual MSF debe cambiar los contratos de nuestros compañeros a indefinidos. El juez no apreció ninguna discriminación por causa de nacionalidad ni la necesidad de una indemnización por daños morales."

Desde a Sección Sindical da CNT recordamos que MSF foi condenada por discriminación ao vulnerar o Artigo 14 da Constitución. Textualmente a sentenza indica:

Se estima la demanda interpuesta por doña XXX  y don XXX y en consecuencia, declaro que ha sido vulnerado su derecho fundamental (artículo 14 Constitución), debiendo cesar la conducta de la demandada MSF de negar a los actores, en tanto que extranjeros con autorización de estancia de estudios, la conversión del contrato en indefinido

CNT visita a exposición de MSF na Coruña

  • Sorpresa pola protesta entre a cidadanía coruñesa
  • Seguirán as accións pola readmisión do compañeiro despedido e contra as políticas laborais de Médicos Sin Fronteras

protesta contra msf en a coruña

Este venres a CNT acudiu aos céntricos Cantóns de  Coruña para protestar diante da sede de Afundación onde a ONG Médicos Sin Fronteras ten unha exposición. O piquete desenvolveuse durante boa parte da tarde repartindo centos de octavillas informativas e informando megáfono en man, ante a sorpresa da cidadania, das abusivas condicións laborais en MSF.

O discurso fíxo especial énfase no recente despedimento do noso compañeiro captador do equipo de MSF en Coruña. Tamén se recordaron as recentes sentenzas que condenan á ONG por discriminación de dous traballadores estranxeiros e por modificación sustancial das condicións de traballo do persoal de captación. Así como o conflicto colectivo presentado por CNT contra a abusiva claúsula de rendemento e as múltiples denuncias pendentes de xuizo que MSF acumula polas sancións disciplinarias aos nosos compañeiros e compañeiros.

CNT inicia conflito con Barti Servicios

logo barti serviciosCNT ven de iniciar conflito coa empresa de servizos a domicilio Barti Servicios 2009 S.L. por mor das lamentables condicións laborais que denuncia unha traballadora afiliada a este sindicato.

Así, Barti Servicios contrata en fraude de lei ao realizar a nosa compañeira diferentes servizos que implican contrato indefinido e non a tempo parcial. Denúnciase tamén, a realización de innumerables horas extra non remuneradas, o incumprimento do descanso regulamentado por lei de día e medio semanal ou o pago “en negro” de parte do salario percibido.

Médicos Sin Fronteras recibe a visita de CNT

  • Enésimo piquete na porta da delegación de MSF en Compostela
  • CNT reuniuse cos traballadores/as da ONG para explicar a situación actual tras os últimos acontecementos
  • Continúan na ONG Médicos Sin Fronteras varios conflitos laborais sen seren resoltos

piquete en MSF

Este luns 21 xuño tivo lugar outro piquete informativo na céntrica oficina da ONG Médicos Sin Fronteras en Compostela. Centos de panfletos informativos foron repartidos pola ateigada rua do Vilar namentres se daba a coñecer públicamente megáfono en man a incesante problemática laboral en MSF. Durante a hora que durou o piquete escoitaronse tamén berros de: "MSF discrimina", "MSF explota e despide", "despedido readmisión" ou "MSF paga o que debes" que resumen a actual situación en Médicos Sin Fronteras.

Rematado o acto de protesta, e tras finalizar a súa xornada laboral, o plantel de captación de MSF tivo oportunidade de escoitar as explicacións da CNT e solucionar as súas dúbidas na sala habilitada a tal efecto na oficina de MSF. Eis un resumo do falado:

Médicos Sin Fronteras condenada por discriminación

  • O xulgado recoñece a vulneración do dereito fundamental dos traballadores afectados
  • A CNT agarda que MSF respecte a decisión xudicial e pide o cese da responsable de MSF

#MSFdiscrimina

Nesta semana resolveuse a demanda presentada o pasado abril por CNT contra a ONG Médicos Sin Fronteras por discriminación por razón de nacionalidade nos contratos da compañeira e o compañeiro estraxeiros que traballan na captación de fondos para MSF adscritos á delegación da ONG en Compostela.
A sentenza do xulgado nº3 de Santiago de Compostela declara que "foi vulnerado o dereito fundamental (artigo 14 da Constitución)" da compañeira e compañeiro demandantes e "obriga a MSF a cesar na conducta de negar a conversión do contrato en indefinido con respeto á normativa vixente".

Médicos Sin Fronteras condenada por modificar as condicións salariais do seu persoal de captación

  • A CNT denunciou o pasado Abril á ONG pola modificiación unilateral e inxustificada das condicións contratuais dos seus traballadores e traballadoras.
  • O Xulgado estima completamente a demanda e Médicos Sin Fronteras terá que repoñer as condicións anteriores.

Médicos Sin Fronteras ven de ser condenada por modificar as condicións salariais do seu persoal de captación de fondos tras a denuncia realizada por CNT o pasado mes de abril. A ONG aproveitou a entrada en vigor dun novo convenio colectivo para modificar conceptos nas nóminas dos seus traballadores/as baixo unha falsa apareciencia de legalidade, pero no fondo estes cambios revestían a intención de non aplicar as melloras salariais pactadas por negociación colectiva.