Este 17 de Maio a CNT de Compostela participa no Bloco Laranja
O reintegracionismo de base estará novamente nas ruas de Compostela, participando na manifestaçom convocada pola Plataforma Queremos Galego, que sairá às 12hs da Alameda. O Bloco Laranja vai dar protagonismo à necessidade de que o galego ganhe peso no ensino, numha estratégia baseada na unidade da língua e no reforço que para o galego supom pertencermos a um espaço lingüístico de dimensom internacional.
Concentración do 14 de maio en Coremain
Na mañá de hoxe, 14 de maio, e dentro do conflicto que
CNT Compostela mantén coa alianza para o lucro empresarial Coremain-Vodafone polo acoso e despedimento da secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, compañeiras e compañeiros do sindicato concentrámonos ás portas da devandita empresa.
Concentración no CC As Cancelas, conflicto Coremain-Vodafone
Dentro do conflicto aberto con Coremain e Vodafone polo
despedimento ilegal da nosa compañeira, secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, do que estamos informando por diferentes medios á poboación de Compostela, o pasado sábado 11 de maio varias compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos diante do local de Vodafone no centro comercial As Cancelas.
[Video] Crónica do 1.º de Maio en Compostela
O pasado 1.º de maio, CNT Compostela mobilizouse para participar nos actos que preparou xunto coa CUT, a Asemblea Aberta e as Asembleas Abertas de Estudantes.
Crónica 1.º Maio NC-CNT Allariz
En Ourense, o NC de CNT en Allariz participou na manifestación do 1º de Maio nun Bloque Crítico composto por sindicatos (CGT, CUT) e colectivos sociais (Adiante, AMI-CEIVAR, FOI, Stop Desahucios,…) á que acudiron unhas 200 persoas.
Actos previos 1.º de maio: Ocupación do edificio da patronal en Compostela e pasarrúas
Ás 10.30 da mañá de onte, luns 29 de abril, e como
anuncio da xornada do 1.º de maio en Compostela, un grupo de case 30 persoas de CNT Compostela, CUT, Asemblea Aberta e Asembleas Abertas de Estudantes ocupamos durante dúas horas o edificio da Confederación de Empresarios de Galicia.
Xa pola tarde, compañeiros de CNT percorrimos as rúas das zonas nova e vella nun pasarrúas anunciando os actos do 1.º de maio.
Unha concentración máis diante do Stella
Onte, venres 26 de abril, CNT Compostela volveu a concentrarse ás
portas do café-bar Stella, cuxo dono segue obcecado en non negociar a débeda que mantén coas súas antigas empregadas, as nosas compañeiras.
Actos para o 1º de Maio en Compostela

Este Primeiro de Maio, símbolo da dureza dos ataques que a clase traballadora temos padecido ao longo da história, pero tamén e por encima de todo da nosa resisténcia e da nosa luita pola nosa emancipación, da nosa capacidade de nos organizar e de transformar esta sociedade, chamamos a reforzar as resisténcias contra estas políticas, a afirmar a necesidade de nos organizar de maneira diferente e a construír desde a unidade dos traballadores e as traballadoras ferramentas de luita e un movemento obreiro forte, eficaz e contundente na defensa dos dereitos das clases traballadoras, e un movemento amplo, que integre na radicalidade da sua acción a todos os grupos e colectivos que desde o poder se queren silenciar e até enfrontar á clase traballadora. Desde a CNT de Compostela convocamos ao conxunto da clase obreira consciente aos actos que, xunto coa CUT, a Aemblea Aberta de Compostela e as Asembleas Abertas de Estudantes, temos preparados para este día.
Sec. Coremain. Acción sindical nas Xornadas Emprego en tempo de crise

En solidariedade coa sección sindical de CNT en Coremain, onte, mércores 24 de abril, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela interrompimos, no Instituto Politécnico de Compostela, a Xornada para orientadores. Formación profesional: emprego en tempo de crise, na que participaba a xerente de recursos humanos de Coremain.
Coremain e Vodafone reprimen a liberdade sindical. Despedida a Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT

O pasado xoves, despois de ter sido sancionada arbitrariamente por Coremain e Vodafone, unha sanción inxusta que se atopa en vías de solución xudicial, Vodafone e Coremain despedían á Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT en Coremain, un feito que non é senón un máis dunha longa lista de situacións de acoso por parte da empresa aos compañeiros e as compañeiras que se atreven a desenvolver a súa lexítima acción sindical en Coremain.





