Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Centenario da CNT. 1910-2010

CNT finaliza o proceso congresual comezado fai un ano

 

A CNT rematou o pasado fin de semana a última fase do proceso congresual que iniciou fai agora un ano, e que tivo o seu punto culminante nas sesións do X Congreso Confederal, celebrado en Córdoba entre o 4 e o 8 de decembro de 2010.
Este proceso, que coincidiu no tempo coa conmemoración do Centenario (1910-2010) da organización, supuxo un importante proceso de debate dos sindicatos que a conforman, analizando a realidade actual para mellorar a organización e as ferramentas de loita do anarcosindicalismo.

CNT, 100 anos de anarcosindicalismo (1910-2010)

centenário CNT

 

O dia 1 de Novembro de 1910, no local barcelonés do Círculo de Belas Artes, quedou constituida a CNT (Confederación Nacional do Traballo). Esta Organización, herdeira da Rexional Española da 1ª Internacional (1870), naceu do próprio seo do Movimento Obreiro como a primeira organización sindical autónoma no Estado Español.

Memórias rotas: A balada do comandante Moreno en Compostela

10/06/2010 20:30

cartaz memorias rotas manane rodriguez eliseo fernandezEste xoves 10 de Xuño terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a presentación do documental "Memorias Rotas", sobre o asasinato dos cenetistas José Moreno Torres e os milicianos do Batallón "Galicia" no Acebo (A Fonsagrada).

Recital de poesia en Compostela

recital de poesiaHoxe as 20:00 horas tivemos o recital de poesia no marco da exposición sobre o centenario da CNT e da súa publicación Solidaridad Obrera.

Ante un nutrido grupo de asistentes foi Gaspar quen empezou cunhas palabras a Ferrer i Guàrdia antes de recitarnos uns bonitos poemas de contido social e historico e, a dueto xunto a Xosé Lois, lembrarnos a matanza de inocentes en Teo. Seguiu Xosé recitando sentidamente en honor a Liste e a Xoan Xesus Gonzalez da casa da Quintá, a familia Fandiño e rematando cun moi actual pasaxe do libro "Utopia", a pesares de datarse do 1 516.

Apresentación da exposición sobre o periódico Solidaridade Obreira

Presentación da exposición Solidaridad obreraHoxe martes 9 de marzo, o SOV de Compostela celebrou a apertura da exposición Solidaridade Obreira cuns trinta amigos na Casa das Asociacións de Cornes en Conxo.

A festa empezou as 19:00h. co noso compañeiro Pancho nunha introducción ao nacemento do periodico e da Confederación. Despois deu paso as poetisas Xiana Arias e Meri Rosende que nos deleitaron cun texto moi sentido preparado amablemente para a ocasión, "Facendo Memoria" e cunha colección de fotografías para repartir entre os asistentes.

Cen anos despois, as traballadores seguimos necesitando loitar contra o desigual reparto da riqueza

Se a comezos do S.XX as condicións de vida da clase obreira eran terríbeis, para mulleres e nenos traballadores eran-no aínda máis.

A exposición “Solidaridad Obrera” na Galiza

Con motivo do Centenário do periódico “Solidaridad Obrera” (1907-2007) , os compañeiros de Catalunya i Balears realizaron unha exposición acerca da sua história e agora, visita Galiza da man dos diferentes sindicatos da CNT  galaica.  É un orgullo para o movimento libertário e para nós como anarco-sindicalistas, poder apresentar sob esta exposición a un dos periódicos da imprensa obreira máis lonxevos e  que chegou a constituir-se en diário con unha tiraxe de 220.000 exemplares na Cataluña libertária de 1936.

Hijos del pueblo… A las barricadas! A recuperación de dous hinos históricos

Se falamos da história do anarco-sindicalismo ibérico non podemos deixar de pór en valor os símbolos que o representaron durante estes cen anos que agora cumpre a CNT.

CNT, 1910-2010: Un século de anarco-sindicalismo

centenário CNTEste ano que comeza, a Confederación Nacional do Traballo fai cen anos. Son cen anos de compromiso coas liberdades, coas dignas luitas das clases operárias e desposuidas. Son cen anos enfrentando todo tipo de represións, pero tamén cen anos de distintos éxitos en diferentes níveis, cen anos de contribuir para a auto-emancipación da clase traballadora, cen anos de intentar estar mási cerca da utopia revolucionária que guia as nosas vidas. Son cen anos de duro traballo, no que milleiros de mulleres e homes deron a sua vida enteira na luita por recuperar a liberdade e dignidade de que nos desposuen o capitalismo, a relixión, o fanatismo. E milleiros de homes e mulleres continuar dia a dia esta luita que non terá fin até a completa emancipación da clase traballadora.