Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Afíliate!

 

Para afiliarte á CNT só é necesario cubrir á ficha de afiliación (DESCARGA FICHA AFILIACIÓN) e devolvernola asinada. A ficha asinada podes entregala presencialmente nalgún dos nosos locais (onde estamos) ou ben mandala por mail (indicando o teu nome no asunto) a galiza@cntgaliza.org escaneándoa ou sacándolle unha simple foto (sempre que sexa lexible!).

Os datos da ficha serán empregados para comunicarnos contigo, tanto en caso dos posibles conflitos teus que atendamos no sindicato, como tamén para as distintas comunicacións que facemos normalmente: convocatoria de asembleas, actos, eventos, protestas,... e para a difusión do noso boletín mensual.

A cuota mensual é de 15€ que se pasan cada 2 meses. Concretamente cada día 11 do mes impar pásase o recibo de ese mes e o anterior (30€). Para levar un conflito laboral pedimos unha antigüidade de 3 meses como afiliado/a, compensables económicamente (é dicir 45€ iniciais).

Todos os pleitos e reclamacións son gratuítos para a afiliación. Só naqueles pleitos onde ti gañes cantidades se cobra o 10%+ ive do obtido.