8M: folga xeral feminista

1º maio 2013

Resumo do 1º de maio en Galiza

Baixo o lema "Rompamos co seu xogo. Construamos a alternativa" os sindicatos da CNT de Galiza mobilizaronse nas súas respectivas localidades.

O SOV da CNT-AIT de Vigo maniféstase masivamente neste 1º de Maio

A asemblea do SOV vigués decidiu facer unha arriscada aposta manifestándose só (acompañado por diversas plataformas sociais da cidade), xa que o resto dos sindicatos (o mesmo da que sexan os “maiorita

[Video] Crónica do 1.º de Maio en Compostela

O pasado 1.º de maio, CNT Compostela mobilizouse para participar nos actos que preparou xunto coa CUT, a Asemblea Aberta e as Asembleas Abertas de Estudantes.

Crónica 1.º Maio NC-CNT Allariz

En Ourense, o NC de CNT en Allariz participou na manifestación do 1º de Maio nun Bloque Crítico composto por sindicatos (CGT, CUT) e colectivos sociais (Adiante, AMI-CEIVAR, FOI, Stop Desahucios,…) á que acudiron unhas 200 persoas.

Actos previos 1.º de maio: Ocupación do edificio da patronal en Compostela e pasarrúas

Ás 10.30 da mañá de onte, luns 29 de abril, e como anuncio da xornada do 1.º de maio en Compostela, un grupo de case 30 persoas de CNT Compostela, CUT, Asemblea Aberta e Asembleas Abertas de Estudantes ocupamos durante dúas horas o edificio da Confederación de Empresarios de Galicia.

Xa pola tarde, compañeiros de CNT percorrimos as rúas das zonas nova e vella nun pasarrúas anunciando os actos do 1.º de maio.

Convocatoria Manifestación 1.º Maio CNT-Bloque Crítico Ourense

01/05/2013 12:00

O NC de CNT-AIT en Allariz acudirá á convocatoria do 1º de Maio, Día da Clase Traballadora, en Ourense conxuntamente con outros sindicatos e organizacións sociais (CGT, CUT, Adiante, AMI/CEIVAR, FUE,….) agrupados nun BLOQUE CRÍTICO.

Convocatorias 1º de maio en Galiza

Baixo o lema "Rompamos co seu xogo. Construamos a alternativa" os sindicatos da CNT de Galiza fan un chamado á mobilización neste 1º de maio. As convocatorias son as seguintes:

Actos para o 1º de Maio en Compostela

01/05/2013 12:30

1º de maio CNT 2013

Este Primeiro de Maio, símbolo da dureza dos ataques que a clase traballadora temos padecido ao longo da história, pero tamén e por encima de todo da nosa resisténcia e da nosa luita pola nosa emancipación, da nosa capacidade de nos organizar e de transformar esta sociedade, chamamos a reforzar as resisténcias contra estas políticas, a afirmar a necesidade de nos organizar de maneira diferente e a construír desde a unidade dos traballadores e as traballadoras ferramentas de luita e un movemento obreiro forte, eficaz e contundente na defensa dos dereitos das clases traballadoras, e un movemento amplo, que integre na radicalidade da sua acción a todos os grupos e colectivos que desde o poder se queren silenciar e até enfrontar á clase traballadora. Desde a CNT de Compostela convocamos ao conxunto da clase obreira consciente aos actos que, xunto coa CUT, a Aemblea Aberta de Compostela e as Asembleas Abertas de Estudantes, temos preparados para este día.

Manifestación 1º Maio en Vilagarcía de Arousa

1maioO vindeiro 1 de maio a CNT manifestarase en Vilagarcía de Arousa ás 12:00 con saída dende a Casa do Mar (Avda. da Mariña S/N). Nesta importante data a CNT fai un chamamento a clase traballadora para a loita e movilización na rúa coma resposta a crecente pérdeda de dereitos, o empeoramento das condicións de vida e o aumento descomunal do paro que no caso do Salnés alcanzou unhas dimensións dramáticas.