Prensa obreira

Actualidade

O Pacto do Euro, a Reforma Constitucional e as novas medidas antiobreiras

Sen esperar a setembro, o goberno continúa tomando medidas contra os traballadores e traballadoras, chegando a acordar xunto ao Partido Popular unha reforma urxente da Constitución pola que se limitaría a capacidade de endebedamento do estado español.[ ler máis ]

Destaques

Victoria da C.N.T. contra a represion sindical en Celta prix.

A actividade reivindicativa dos sindicatos da CNT, con concentracións en Cedeira e Sada e outras protestas, conseguiu que cesase a represión sindical na empresa Celta-Prix contra o secretario da sección sindical da CNT nesta empresa de recollida de lixo, en Cedeira.[ ler máis ]

 

Galiza

Non máis recortes de dereitos! Manifestación en Vigo.

Ante as gravísimas agresións contra clase traballadora perpetradas polos poderes políticos e económicos, a CNT-Galiza chama a manifestarse este sábado 28 de Xaneiro polas rúas de Vigo.

Agora mais que nunca é precisa unha resposta contundente na rúa aos recortes en materia económica e social que padecemos, por unha banda; e á vergoñenta actuación de quen vende os nosos dereitos por un puñado de euros, é dicir, os sindicatos "maioritarios".

A manifestación é o dia 28 de Xaneiro, ás 12 horas, dende a Praza da Independencia. Haberá servizo de autobús, para apuntarte ponte en contacto co teu sindicato mais próximo.

Vikingland: proxeción e colóquio co autor

25/01/2012 19:00

Este mércores 25, às 19:00, proxectará-se Vikingland, filme de Xurxo Chirro, sobre un grupo de mariñeiros galegos que traballa nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt. Un deles, Luís, merca unha video-cámara para rexistrar a sua vida cotiá e a dos seus compañeiros durante unha chea de travesias.. A proxeción terá lugar no local da CNT, rua Garcia Prieto, 24-28, às sete da tarde, e será apresentada polo autor, que terá un debate con todos os presentes ao remate do filme.

A CNT ante a dixitalización na RTVE

Dende esta Sección Sindical apostamos por ser unha ferramenta para o conxunto de traballadoras e traballadores de CRTVE, queremos que sexades participes doutra forma de facer sindicalismo e de defender os dereitos adquiridos, e por qué non, de melloralos. A continuación pasamos a transcribir un escrito feito por un traballador afectado polo proceso de dixitalización do seu centro de traballo (Galiza), para que vos sirva de información do que acontece dende o seu punto de vista, o dun traballador.

Ciclo de Conferencias en Betanzos: A Cara Oculta da Crise

A Cara Oculta da Crise (Reflexións máis aló dos medios de comunicación de masas).

Nen recortes de dereitos nen reforma laboral!

14/01/2012 12:00

O sábado 14 de xaneiro, ás 12.00, CNT-Compostela concentraráse na Praza do Pan (Cervantes).

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia




Vídeo pola defensa da sanidade pública

Eventos

« Xaneiro 2012 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031